Ghena Dimitrova
Nome orixinal | (bg) Гена Мачева Димитрова |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 6 de maio de 1941 Beglež, Bulgaria |
Morte | 11 de xuño de 2005 (64 anos) Milán, Italia |
Causa da morte | cancro |
Lugar de sepultura | Cemitério Central de Sófia (pt) |
Educación | National Academy of Music (en) |
Actividade | |
Ocupación | cantante de ópera |
Período de actividade | 1965 - |
Xénero artístico | Ópera |
Profesores | Christo Brambarov (en) |
Alumnos | Elena Baramova (en) |
Tesitura | Soprano |
Instrumento | Voz |
Premios | |
Descrito pola fonte | Biblioteca dixital BEIC Obálky knih, |
Páxina web | ghenadimitrova.com |
Ghena Anastasija Macheva Dimitrova, coñecida artisticamente como Ghena Dimitrova (en búlgaro: Гена Димитрова), nada en Beglež o 6 de maio de 1941 e finada en Milán o 11 de xuño de 2005, foi unha soprano operística búlgara.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Despois de rematar os estudos no Conservatorio de Sofía, comezou a ensinar Canto. O seu debut chegaría o 27 de decembro de 1967, como Abigaille, no Nabucco, de Verdi, nunha produción da Ópera Nacional de Bulgaria, a raíz de que outras dúas sopranos se tivesen retirado. Nas primeiras gravacións, a voz de Dimitrova aínda non tiña acadado a súa distintiva grandeza, e en moitas das primeiras producións de Nabucco o derradeiro dó sobreagudo[1] opcional é omitido na parte da cabaletta (Salgo già del trono aurato), nota musical que si incluiría en épocas posteriores da súa carreira, de tal xeito que se chegaría a converter nun referente para futuras intérpretes desa aria.[2]
A súa voz de inmenso caudal fíxoa favorita de audiencias internacionais nos roles de Abigaille e Turandot (en Turandot, de Puccini), causando sensación con este rol en Treviso, en 1975.
Outros papeis importantes foron Floria Tosca, en Tosca, de Puccini; Odabella (en Attila), Giselda (en I Lombardi alla prima crociata), Alzira (en Alzira), Elisabeth de Valois (en Don Carlos), Leonora (en Oberto, Conte di San Bonifacio), Lady Macbeth (en Macbeth), Elvira (en Ernani), Aida, e tamén Amneris (en Aida), de Verdi; Maddalena, en Andrea Chénier, de Giordano; Santuzza, en Cavalleria rusticana, de Mascagni; e a Gioconda, en La Gioconda de Ponchielli.
Cantou principalmente en Italia destacándose na Scala de Milán, Xénova e na Arena de Verona onde foi favorita do público; tamén no Teatro Colón de Buenos Aires durante cinco anos consecutivos (1975-1979) con tardíos debuts en Viena (1978), Salzburgo (1984), Londres (1983) e Nova York(1987).
Considerada un heroína nacional no seu país, morreu en Milán aos 64 anos onde no seu momento se tiña perfeccionado con Gina Cigna.
Discografía de referencia
[editar | editar a fonte]- Puccini, Turandot. Arena de Verona, 1983 Dir.: Franco Zefferelli (DVD)
- Puccini, Turandot. Teatro da Ópera de Xénova, 1980 Dir.: Daniel Oren
- Verdi, Aida (Amneris). Teatro alla Scala, de Milán, 1985 Dir.: Lorin Maazel (DVD)
- Verdi, I Lombardi alla prima crociata. Teatro alla Scala, de Milán, 1984 Dir.: Gianandrea Gavazzeni (DVD)
- Verdi, Oberto, conde de San Bonifacio. Estudio 1 da Radio de Baviera (Múnic), 1983 Dir.: Lamberto Gardelli
- Verdi, Nabucco. Arena de Verona, 1981 Dir.: Maurizio Arena (DVD)
- Verdi, Nabucco. Teatro alla Scala, de Milán, 1985 Dir.: Riccardo Muti (DVD)
- Verdi, Nabucco, Ópera Alemá de Berlín, 1983 Dir.: Giusseppe Sinopoli
- Puccini e Verdi Opera Arias. Orquestra Philharmonia de Londres/Orquestra da Radio de Mónaco, 1984 Dir.: Anton Guadagno, Lamberto Gardelli
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Nota que, na escala musical, corresponde á designada como dó6 (segundo o Índice acústico internacional), ou como dó5 (segundo o Índice acústico franco-belga)
- ↑ "Ghena Dimitrova". Opera Musica (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 21 de agosto de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ghena Dimitrova |