Gert Fröbe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Gert Fröbe
Gert Fröbe (1965).jpg
Nome completoKarl Gerhart Fröbe
Nacemento25 de febreiro de 1913
 Oberplanitz
Falecemento5 de setembro de 1988
 Múnic
Causainfarto agudo de miocardio
Soterradosen etiquetar
NacionalidadeAlemaña
Ocupaciónactor, actor de cinema, actor de teatro e actor de dobraxe
PaiOtto Johannes Fröbe
NaiHelene Alma Fröbe
CónxuxeTatjana Iwanow
FillosAndreas Seyferth
PremiosBavarian Order of Merit, Gran Cruz da Orde do Mérito da República Federal de Alemaña e Order of Karl Valentin
editar datos en Wikidata ]

Karl Gerhart "Gert" Fröbe, nado en Oberplanitz o 25 de febreiro de 1913 e finado en Múnic o 5 de setembro de 1988, foi un actor alemán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fröbe naceu en Oberplanitz, hoxe parte de Zwickau. Inicialmente foi violinista, mais abandonouno polo Kabarett e o teatro.[1]

En 1929 uniuse ao Partido Nazi con dezaseis anos e deixouno en 1937.[2] En setembro de 1944 os nazis pecharon os teatros de Alemaña e foi alistado no exército, onde Fröbe serviu ata a fin da segunda guerra mundial.[1] Cando se coñeceu a súa pertenza ao partido trala guerra, Israel prohibiu os filmes de Fröbe ata que un supervivente xudeu revelou oito semanas despois que a súa vida e a da súa nai probablemente fosen salvadas cando Fröbe os agochou dos nazis.[3]

Fröbe gañou sona cun dos primeiros filmes alemáns realizados trala segunda guerra mundial, Berliner Ballade (1948). O nome da súa personaxe, "Otto Normalverbraucher" (literalmente, Otto Consumidor Medio), converteuse no epítome alemán do cidadán medio.[4]

Interpretou o malvado no filme suízo-alemán Es geschah am hellichten Tag (1958), con guión orixinal de Friedrich Dürrenmatt. O seu papel como asasino en serie de nenos recibiu a atención dos produtores do filme de James Bond Goldfinger (1964) e escollérono para interpretar un dos malvados máis lembrados da serie, o magnate do ouro Auric Goldfinger. Posteriormente indicou: "O ridículo é que dende que interpretei a Goldfinger no filme de James Bond hai algunha xente que aínda insiste en verme como un malvado frío e implacable, un home que non ri".[5]

Fröbe fixo varias aparicións en elencos de estrelas na década de 1960, como nos filmes The Longest Day (1962), Those Magnificent Men in their Flying Machines (1965), Arde París? (1966),Triple Cross (1966) e Monte Carlo or Bust (1969).

FAleceu en Múnic en setembro de 1988 aos 75 anos por un ataque cardíaco.[3] Foi enterrado no cemiterio Waldfriedhof de Icking.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Ano Título Personaxe Notas
1948 Der Herr vom andern Stern Extra Sen acreditar
Berliner Ballade Otto Normalverbraucher
1949 Nach Regen scheint Sonne Konstantin
1951 Decision Before Dawn German Corporal Sen acreditar
1952 Der Tag vor der Hochzeit Rundfunkreporter
1953 Man on a Tightrope Police Agent Sen acreditar
Salto Mortale Jan
Ein Herz spielt falsch Briefüberbringer
Die vertagte Hochzeitsnacht Gondoliere
Arlette erobert Paris Manager Edmond Duval
Hochzeit auf Reisen Herr Mengwasser
1954 Die kleine Stadt will schlafen gehen Oskar Blume
Morgengrauen Bit part
Das Kreuz am Jägersteig Kobbe
They Were So Young Lobos
Das zweite Leben Mittelmeier
Ewiger Walzer Gawriloff
1955 Special Delivery Olaf
Der dunkle Stern Deltorri
Ich weiß, wofür ich lebe Pfeifer, Inspektor Jugendfürsorge
Mr. Arkadin Munich Detective
Les héros sont fatigués Hermann
Das Forsthaus in Tirol Bäuerle, Kaufmann
1956 Ein Mädchen aus Flandern Rittmeister Kupfer
Ein Herz schlägt für Erika Heubacher
Waldwinter Gerstenberg
1957 Typhon sur Nagasaki Ritter
Robinson soll nicht sterben Mr. Gillis
Celui qui doit mourir Patriarcheos
Der tolle Bomberg Kommerzienrat Gustav-Eberhard Mühlberg
Charmants Garçons Edmond Petersen
Das Herz von St. Pauli Jabowski
1958 Polizeiaktion Dynamit Hans
Nasser Asphalt Jupp
Es geschah am hellichten Tag Schrott
Rosemary Willy Bruster
Grabenplatz 17 Titu Goritsch
Der Pauker Freddy Blei
Das Mädchen mit den Katzenaugen Tessmann
1959 Nick Knattertons Abenteuer - Der Raub der Gloria Nylon Hugo
Os barqueiros do Volga Profesor
Douze heures d'horloge Blanche
Jons und Erdme Smailus
Und ewig singen die Wälder Dag
Menschen im Hotel Preysing
Am Tag als der Regen kam Doctor Albert Maurer
Der Schatz vom Toplitzsee Johannes Grohmann
Alt Heidelberg Doctor Jüttner
1960 Das kunstseidene Mädchen Doctor Kölling
Le Bois des amants The General
Soldatensender Calais Der Chef
Die 1000 Augen des Dr. Mabuse Inspector Kras
Bis daß das Geld euch scheidet Jupp Grapsch
Der Gauner und der liebe Gott Paul Wittkowski
1961 Der grüne Bogenschütze Abel Bellamy
Via Mala Jonas Lauretz
Im Stahlnetz des Dr. Mabuse Kommissar Lohmann
Auf Wiedersehen Angelo Pirrone
1962 Die Rote Kramer
Das Testament des Dr. Mabuse Kommissar Lohmann
The Longest Day Sgt. Kaffeekanne
1963 Le meurtrier Melchior Kimmel
Heute kündigt mir mein Mann Alfred Paulsen
Die Dreigroschenoper Peachum
Peau de banane Raymond Lachard
1964 Cent mille dollars au soleil Castigliano
Tonio Kröger Policeman Peterson
Échappement libre Karl Fehrman
James Bond contra Goldfinger Auric Goldfinger Dobrado ao inglés por Michael Collins
1965 A High Wind in Jamaica Dutch Captain
Those Magnificent Men in their Flying Machines Colonel Manfred von Holstein
Das Liebeskarussell Emil Claasen
1966 Du rififi à Paname Walter
Ganovenehre Importen-Paul
Arde París? General Dietrich von Choltitz
Triple Cross Colonel Steinhager
1967 I Killed Rasputin Grigori Rasputin
Jules Verne's Rocket to the Moon Professor von Bulow
1968 Caroline chérie Doctor Belhomme
Chitty Chitty Bang Bang Baron Bomburst
1969 Monte Carlo or Bust [6] Willi SchickelModelo:\Horst Muller
1971 $ Mr. Kessel
1972 Ludwig Father Hoffmann
1974 Der Räuber Hotzenplotz Hotzenplotz
And Then There Were None Wilhelm Blore Dobrado en inglés por Robert Rietti
Nuits Rouges Commissaire Sorbier
1975 Docteur Justice Max Orwall
1976 Les Magiciens Vestar
1977 Das Gesetz des Clans Philip Brown
The Serpent's Egg Inspector Bauer
Tod oder Freiheit Graf von Buttlar
1978 Der Schimmelreiter Tede Volkerts
Der Tiefstapler Felix von Korn
1979 Bloodline Inspector Max Hornung
1980 Le Coup du parapluie Otto Krampe ("Whale")
1981 Banović Strahinja Jug Bogdan
1986–1987 The Little Vampire Detective Gurrmeyer Serie de televisión, 13 episodios

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Fokart, Burt A. (7 de setembro de 1988). "Gert Frobe, 75; Portrayed Goldfinger in Bond Movie". Los Angeles Times. 
  2. "Hotzenplotz und Pickelhaube". kultiversum.de (en alemán). 2 de febreiro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 14 de marzo de 2011. Consultado o 02 de agosto de 2021. 
  3. 3,0 3,1 "Gert Frobe, an Actor, Dies at 75". The New York Times. Associated Press. 6 de setembro de 1988. Consultado o 2020-07-18. 
  4. [Gert Fröbe en Google Books. Deutsches Bühnen-Jahrbuch] |url= incorrecto (Axuda). Consultado o 25 de agosto de 2011. 
  5. Battersby, Matilda (2 de xaneiro de 2013). "'No, Mr Bond, I Expect You to Die': Showdown Between Goldfinger and Sean Connery Voted Greatest James Bond Moment". The Independent. Consultado o 14 de xullo de 2019. 
  6. Tamén coñecido como Those Daring Young Men in Their Jaunty Jalopies.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]