Gerard Coll Planas
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1980 (43/44 anos) Cardedeu, España |
Educación | Universidade Autónoma de Barcelona |
Actividade | |
Ocupación | sociólogo, profesor universitario, escritor |
Empregador | Universidade de Vic |
Páxina web | gcollplanas.com |
Gerard Coll Planas, nado en Cardedeu, Barcelona, en 1980, é un sociólogo, investigador, escritor e profesor español, especializado en xénero, socioloxía da sexualidade e estudos LGBTI.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Coll Planas é doutor en socioloxía pola Universidade Autónoma de Barcelona, profesor da Universidade de Vic e director do Centro de Estudos Interdisciplinarios de Xénero.[1][2]
Foi coordinador de diversos proxectos, como o titulado Contra a homofobia, ferramentas para as administracións locais dependente da Comisión Europea que levou á publicación do libro branco europeo contra a homofobia.[3]
Obra
[editar | editar a fonte]O traballo de Coll Planas explora diversas facetas da realidade LGBTI, desde o acoso escolar e a violencia estrutural sufrida polos seus membros, até aspectos relativos á construción social da identidade de xénero e sexual, así como a capacidade de axencia das persoas non-heterosexuais para definir a súa propia identidade.[4][5][6]
Desta maneira, apoiándose tanto na teoría cuir como en casos reais, reflexiona sobre que é o que define a transexualidade ou que diferenza existe entre un cambio de sexo e unha simple intervención de cirurxía estética.[7] Tamén delibera sobre si existe un continuo entre a orientación sexual e a identidade de xénero, si é posible delimitar a fronteira entre, por exemplo, os gais efeminados e as mulleres trans, e cal é o papel que xogan a sociedade, a política, a economía ou a vontade individual nestas cuestións.[8]
Por outra banda, a súa obra explora igualmente a relación que teñen co seu corpo as mulleres que foron diagnosticadas con cancro de mama.[9]
Libros
[editar | editar a fonte]- Dibujando el género (2013).[10]
- La carne y la metáfora (2012).[7]
- La voluntad y el deseo (2010).[8]
- El género desordenado (2010).[11]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Coll Planas, Gerard. Universitat de Vic - Universitat Central de Catalunya.
- ↑ Gerard Coll-Planas, nou director del Centre d’Estudis Interdisciplinaris de Gènere: “Hauríem de repensar la política en termes de gènere”. Centre d’Estudis Interdisciplinaris de Gènere. 17 de noviembre de 2014. (en catalán)
- ↑ Contra la homofobia. Políticas locales de igualdad por razón de orientación sexual y de identidad de género. Políticas locales de igualdad por razón de orientación sexual y de identidad de género. Libro Blanco Europeo Arquivado 27 de xaneiro de 2018 en Wayback Machine. 2011.
- ↑ Gerard Coll-Planas: “En la cultura gay en muchos casos se están reproduciendo claramente valores patriarcales”. idemTV. 4 de octubre de 2013.
- ↑ Entrevista a Gerard Coll-Planas. Instituto Vasco de la Mujer.
- ↑ Víctimas, cómplices y verdugos del 'bullying'. El Periódico. 12 de enero de 2017.
- ↑ 7,0 7,1 Coll-Planas. La carne y la metáfora. Una reflexión sobre el cuerpo en la teoría queer. Egales. ISBN 978-84-15574-90-3.
- ↑ 8,0 8,1 Coll-Planas. La voluntad y el deseo. La construcción social del género y la sexualidad: el caso de lesbianas, gays y trans. Egales. ISBN 978-84-92813-18-6.
- ↑ Cicatrices (in)visibles. Perspectivas feministas sobre el cáncer de mama. Bellaterra. ISBN 978-84-7290-849-9.
- ↑ Coll-Planas. Dibujando el género. Egales. ISBN 978-84-15574-97-2.
- ↑ Coll Planas; Missé. El género desordenado: Críticas en torno a la patologización de la transexualidad. Egales. ISBN 978-84-92813-20-9.