Georg Büchner

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaGeorg Büchner

(década de 1930) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento17 de outubro de 1813 Editar o valor em Wikidata
Goddelau Editar o valor em Wikidata
Morte19 de febreiro de 1837 Editar o valor em Wikidata (23 anos)
Zürich Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Tifo Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaZürich Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeGran Ducado de Hesse Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Giessen (pt) Traducir (1833–)
University of Strasbourg (en) Traducir (1831–1833) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióntradutor , revolucionario , escritor , filósofo , naturalista , poeta , médico escritor , dramaturgo , médico Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1834 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
PaisErnst Büchner (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Karoline Reuss (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsLudwig Büchner (pt) Traducir, Alexander Büchner, Wilhelm Büchner (en) Traducir e Luise Büchner (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0127253 Allocine: 72001 Allmovie: p316265 IBDB: 5766
Musicbrainz: 0f4dc6e8-1f86-4aa1-901f-556a51ceda1d Discogs: 690132 IMSLP: Category:Büchner,_Georg WikiTree: Büchner-154 Find a Grave: 10646805 Editar o valor em Wikidata


Karl Georg Büchner, nado en Riedstadt 17 de outubro de 1813 e finado en Zúric o 19 de febreiro de 1837, foi un escritor, naturalista e revolucionario alemán, considerado un dos máis grandes escritores da era Vormärz, irmán do médico e filósofo Ludwig Büchner.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu na localidade de Goddelau, agora integrada en Riedstadt, daquela no Gran Ducado de Hesse, fillo do médico Ernst Büchner, que fora cirurxián nos exército de Napoleón. En 1816 a familia mudouse a Darmstadt, ao contratar a cidade ao pai de Büchner como médico da cidade e do hospital[1];

Büchner estudou na academia do teólogo Carl Weitershausen, onde recibiu unha formación humanística, cun importante énfase nas linguas, francés, latín e grego. A partir de 1825 continuou os estudos no Paedagogium Darmstadium, que daba grande énfase á formación clásica, ademais de francés, latín e grego tamén aprendeu italiano. En 1831 comezou os seus estudos de medicina en Estrasburgo, e alí comezou a se interesar tamén pola literatura francesa e mailo pensamento político. En especial exerceron influencia nel as teorías do socialismo utópico de François-Noël Babeuf e Claude Henri de Saint-Simon. En 1833 pasou a Gießen para continuar os seus estudos na universidade local.

Exilio[editar | editar a fonte]

Entrementres Büchner continuaba os seus estudos, estableceu, xunto a varios compañeiros de Darmstadt que estudaban en Gießen e outros estudantes, unha sociedade secreta, seguindo o modelo francés, dedicada á causa revolucionaria. En xullo de 1834, coa colaboración do teólogo evanxélico Friedrich Ludwig Weidig, publicou o panfleto revolucionario Der Hessische Landbote, crítico coas inxustizas sociais no Gran Ducado de Hesse. Acusado polas autoridades de traizón, arrestaron a Weidig, que morreu en prisión despois de sufrir torturas.

Mentres, Büchner conseguía fuxir a Estrasburgo, onde escribiu a maioría da súa obra literaria e traduciu dúas pezas do literato francés Victor Hugo, Lucrèce Borgia e Marie Tudor. Dous anos despois publicou a disertación médica , "Mémoire sur le Système Nerveux du Barbeaux (Cyprinus barbus L.)". En outubro de 1836, despois de recibir o seu doutoramento, foi designado pola Universidade de Zúric como profesor de anatomía. Alí pasou os seus derradeiros meses escribindo e ensinando ata o seu pasamento por tifo aos vinte e tres anos de idade.

Obra[editar | editar a fonte]

Tumba de Georg Büchner no Germaniahügel en Zúric-Oberstrass.

A súa primeira peza teatral Dantons Tod, sobre a Revolución Francesa, publicouse en 1835. Seguiulle Lenz, un fragmento de novela baseada na vida do poeta Jakob Michael Reinhold Lenz e publicada por primeira vez parcialmente na Deutsche Revue de Karl Gutzkow e Wienberg. En 1836 escribiu a súa segunda peza teatral Leonce und Lena, na que satiriza á nobreza. A súa obra máis coñecida, que quedou inconclusa, é Woyzeck, notable por extraer os seus principais personaxes da clase traballadora.

Legado[editar | editar a fonte]

Contra 1870 Büchner estaba case totalmente esquecido en Alemaña, ata que Karl Emil Franzos editou as súas obras, que máis tarde exerceron unha importante influencia nos movementos naturalista e expresionista. Arnold Zweig describiu a Lenz, a única obra de Bücher de ficción en prosa, como o comezo da prosa europea moderna.

Alban Berg adaptou Woyzeck, nunha ópera Wozzeck que estreou en 1925 e Werner Herzog nun filme, Woyzeck, en 1979.

O premio literario máis importante de Alemaña, o Premio Georg Büchner, leva o seu nome. Creado en 1923, concédese anualmente.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]