Felis nigripes
Felis nigripes Gato de patas negras | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Felis nigripes no zoo de Wuppertal | |||||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||
Vulnerable[1] | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||
Felis nigripes Burchell, 1824 | |||||||||||||||||||||||
Mapa de distribución do gato de patas negras
| |||||||||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||||||||
|
Felis nigripes é unha especie de mamífero carnívoro da familia dos félidos, subfamilia dos felinos e tribo dos felininos, pertencente ao xénero Felis.[1][2][3]
É un pequeno felino que vive no suroeste de África, concretamente en Botswana, Namibia e a República Surafricana.[1][2]
É solitario e non se habitúa ben a condicións de catividade. Emite uns ruxidos roucos similares aos do león, pero de menor potencia. Esta cualidae é común nos felinos que viven en paraxes de grandes espazos descubertos, como o gato das areas, o Otocolobus manul, o león e, en menor medida, o gato salvaxe africano, e que precisan facer chegar os seus seus gritos o máis lonxe posíbel.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A especie foi descrita en 1824 polo naturalista e explorador británico William John Burchell, en Travels Interior of Southern Africa, 2: 592.[2]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]Para o xénero, véxase Felis.
O epíteto específico, nigripes, é un termo do latín científico formado pola raíz nigri-, do adxectivo latino niger, -gra, -grum, 'negro' e o elemento -pes, do substantivo latino pēs, pedis, 'pata de animal', en alusión á cor os seus pés.
Subespecies
[editar | editar a fonte]Dentro desta especie recoñécense as seguintes dúas subespecies:[2][3]
- Felis nigripes nigripes Burchell, 1824 en Botswana, Namibia e o nordeste de Suráfrica.
- Felis nigripes thomasi Shortridge, 1931 no sueste de Suráfrica.
Características
[editar | editar a fonte]O Felis nigripes é unha das especies de felinos máis pequenos que existen. Os machos adultos pesan entre 1,9 kg e un máximo de 2,45 kg. As femias adultas pesan entre 1,3 kg e un máximo de 1,65 kg.[4] Os machos acadan unha lonxitude de entre 36,7 a 43,3 cm e as súas colas de entre 16,4 a 19,8 cm de longo. As femias son máis pequenas cunha lonxitude total de 36,9 cm e colas de 12,6 a 17,0 cm de longo.[5][6]
Soamente as almofadas e as partes inferiores das patas son de cor negra, o que lle dá ao gato o seu nome. A pelaxe varía entre a cor canela e marrón avermellada, e posúe manchas negras ou marróns que se fusionan para formar aneis nas patas, pescozo e cola. Porén, a pel é de cor rosa sen pigmentar, a diferenza da doutros gatos manchados.[7]
Bioloxía
[editar | editar a fonte]Hábitat e distribución
[editar | editar a fonte]O gato de pés negro vive en zonas secas como sabanas, pasteiros e zonas semidesérticas con arbustos e árbores, en altitudes de até os 2000 m.[1]
Endémico da África austral, habita en zonas secas,[8] por onde está amplamente distríbuido, pero con pouca densidade de poboación.[Cómpre referencia] A súa área de distribución abarca desde o sur de Angola e o norte de Botswana, polo norte, até a antiga provincia do Cabo, en Suráfrica, polo sur, comprendendo case toda Botswana e Namibia.[9]
Comportamento
[editar | editar a fonte]É un animal solitario e nocturno, difícil de ver, e aínda máis difícil de capturar debido ao seu reducido tamaño, aos seus costumes nocturnos e á súa propensión a vivir escondido, xa que pasa a maior parte do día no fondo dun tobo, onde se protexe da calor. Pasa o día descansando e sae a cazar despois da posta do sol.[10]
Alimentación
[editar | editar a fonte]Debido ao seu pequeno tamaño, estes gatos cazan principalmente pequenas presas, como roedores e aves pequenas, aínda que tamén son capaces de cazar avutardas e lebres do Cabo, estas últimas máis pesadas ca el. Os insectos e as arañas reprenentan menos do 1 % da masa das presas consumidas.[11][12] Son cazadores moi activos, chegando a matar até catorce pequenos animais nunha noite.
Reprodución
[editar | editar a fonte]Os Felis nigripes viven até 10 anos en cativerio. As femias acadan a madureza sexual aos 8 ou 12 meses. A súa época de apareamento dura só un ou dous días, e adoitan aparearse durante unhas horas, o que require localizar a machos rapidamente. Durante este período, a cópula repiítese con frecuencia. A xestación dura 63 a 68 días. Unha camada componse polo xeral de dúas crías, pero pode variar dunha a catro. Os cachorros pesan entre 60 e 84 g ao nacer cegos e indefensos aínda que son quen de arrastrarse despois dunhas poucas horas. Poden camiñar pasadas dúas semanas e comenzan a inxerir alimentos sólidos despois dun mes.[13]
As femias poden ter até dúas camadas durante a primavera, verán e outono e edúcannos en tobeiras, movéndoos a novas localizacións regularmente despois da primeira semana. En xeral, as crías desenvólvense máis axiña que outros gatos dun tamaño semellante para adaptarse rapidamente a unha contorna relativamente hostil. Adoitan independizarse aos cinco meses de idade aínda que poden permanecer dentro do alcance da súa nai.[14]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Sliwa, A., Wilson, B., Küsters, M. & Tordiffe, A. (2016): Black-footed Cat Felis nigripes na Lista vermella da UICN. Versión 2018-2. Consultada o 16 de decembro de 2018.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Felis nigripes Burchell, 1824 en MSW.
- ↑ 3,0 3,1 Felis nigripes Burchell, 1824 no ITIS.
- ↑ Sliwa, A. (2004). Home range size and social organization of black-footed cats (Felis nigripes). Mammalian Biology 69 (2): 96–107.
- ↑ Smithers, R.H.N. (1983) The mammals of the southern African subregion. University of Pretoria
- ↑ Stuart, C.T., Wilson, V.J. (1988) The cats of southern Africa. Chipangali Wildlife Trust, Bulawayo.
- ↑ Pollard, Michael (2003). The encyclopedia of the cat. Barnes and Noble Books. p. 369. ISBN 978-0-7607-3459-9.
- ↑ Dorst, J. & Dandelot, P. 1973, p. 142.
- ↑ Haltenorth, T. & Diller, H. 1986, p. 228.
- ↑ Olbricht, G. & Sliwa, A. (1997): "In situ and ex situ observations and management of black-footed cats Felis nigripes". International Zoo Yearbook 35: 81–89.
- ↑ Sliwa, A. (1994): "Black-footed cat studies in South Africa". Cat News 20: 15–19.
- ↑ Sliwa, A. (2006): "Seasonal and sex-specific prey composition of black-footed cats Felis nigripes". Acta Theriologica 51 (2): 195–204.
- ↑ Leyhausen, P., Tonkin, B. (1966). Breeding the black-footed cat (Felis nigripes) in captivity. International Zoo Yearbook 6: 178–182
- ↑ Sunquist, M. & Sunquist, F. (2002): Wild cats of the World. Chicago: University of Chicago Press, pp. 76–82. ISBN 0-2267-7999-8.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: Felis nigripes |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Felis nigripes |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Dorst, J. & Dandelot, P. (1973): Guía de campo de los mamíferos salvajes de África, Barcelona: Ediciones Omega, S. A.
- Groves, Colin & Peter Grubb (2011): Ungulate Taxonomy. Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-1-4214-0093-8.
- Haltenorth, T. & Diller, H. (1986): A Field Guide of the Mammals of Africa including Madagascar. Londres: William Collins Sons & Co Ltd. ISBN 0-0021-9778-2.
- Jackson, Peter & Adrienne Farrell Jackson (1996): Les félins, toutes les espèces du monde: París / Lausanne: Delachaux et Niestlé. La bibliothèque du naturaliste. ISBN 2-6030-1019-0.
- Marion, Rémy; Catherine Marion, Géraldine Véron, Julie Delfour, Cécile Callou & Andy Jennings (2005): Larousse des Félins. París: Larousse. ISBN 2-0356-0453-2.
- Walker, E. (1975): Mammals of the World. 2 Vols. Sixth edition. Baltimore e Londres: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-5789-8.
- Wilson, Don E. & Reeder, Dee Ann M., eds. (2005): Mammal Species of the World - A Taxonomic and Geographic Reference. 3ª ed. Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0.