Gastón Pereiro
Gastón Pereiro | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Gastón Rodrigo Pereiro López | ||
Nacemento | 11 de xuño de 1995 | ||
Lugar de nacemento | Montevideo | ||
Altura | 1,88 m. | ||
Posición | Centrocampista | ||
Carreira xuvenil | |||
–2008 | Racing Club | ||
2008–2013 | Nacional | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2013–2015 | Nacional | 39 | (11) |
2015–2020 | PSV Eindhoven | 118 | (44) |
2020– | Cagliari Calcio | 24 | (3) |
Selección nacional | |||
2012–2015 | Uruguai sub-20 | 21 | (8) |
2017– | Uruguai | 10 | (4) |
Na rede | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 23 de maio de 2021 Selección: actualizado a 23 de maio de 2021.[ editar datos en Wikidata ] | |||
Gastón Rodrigo Pereiro López, nado en Montevideo o 11 de xuño de 1995, é un futbolista uruguaio, de orixe galega. Xoga como centrocampista no Cagliari Calcio da Serie A italiana.[1]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Naceu na capital uruguaia e ten raíces galegas, pois seu avó paterno é da parroquia cercedense de Rodís.[2]
Formouse na canteira de Nacional e debutou oficialmente co primeiro equipo o 28 de xaneiro de 2014 na cidade boliviana de Santa Cruz de la Sierra, na derrota por 1-0 contra o Oriente Petrolero, na Copa Libertadores. O adestrador Gerardo Pelusso deulle entrada no minuto 63 para substituír a Carlos de Pena.[3] Catro días despois, marcou o seu primeiro gol, na vitoria por 2-0 sobre Racing no Estadio Centenario.
O 2 de xullo de 2015 fíxose oficial a súa chegada ao PSV Eindhoven por 7 millóns de euros. O club neerlandés comprou o 80% do seu pase e foi presentado oficialmente o 15 de xullo. O seu debut oficial tivo lugar na Supercopa dos Países Baixos contra o FC Groningen, un partido no que o PSV gañou o trofeo tras unha vitoria por 3-0. Na Eredivisie debutou contra o ADO Den Haag, entrando aos 80 minutos de xogo. Xogou por primeira vez como titular ante o Ajax, partido no que o PSV venceu por 2-1 con dous goles de Pereiro. Marcou o seu primeiro triplete na Copa dos Países Baixos, no que o seu equipo derrotou por 6-0 ao SC Genemuiden.
Nas súas catro tempadas e media no equipo neerlandés, conquistou dúas ligas e dúas Supercopas, e disputou tres edicións da Liga de Campións, na que debutou o 30 de setembro de 2015, nun encontro fronte ao CSKA de Moscova no Arena Khimki.
O 31 de xaneiro de 2020, foi traspasado ao Cagliari onde asinou un contrato ata xuño de 2024.[4] No club italiano comparte equipo cos tamén uruguaios Nahitan Nández e Christian Oliva.
O 1 de marzo de 2020 marcou o seu primeiro gol no club italiano, nunha derrota por 3-4 contra a Roma.
Selección nacional[editar | editar a fonte]
Categorías inferiores[editar | editar a fonte]
Foi preseleccionado coa selección uruguaia sub-20 o Mundial Sub-20 de 2013, cando tiña 17 anos, aínda que finalmente non entrou no cadro de xogadores final.[5] En 2014 gañou un Cuadrangular Internacional Sub-20 disputado en Asunción en preparación para o Campionato Suramericano Sub-20.
O 3 de xaneiro de 2015 foi seleccionado para defender ao Uruguai no Campionato Suramericano Sub-20,[6] no que o equipo rematou na terceira posición. Pereiro foi o segundo máximo goleador do torneo e o máximo goleador do Uruguai con cinco goles en oito partidos.[7]
O 14 de maio foi incluído na lista de 21 futbolistas uruguaios que participarían no Mundial sub-20 de Nova Celandia.[8] Anotou o gol da vitoria no primeiro partido contra Serbia, que rematou 1-0.[9]
Selección absoluta[editar | editar a fonte]
O 23 de agosto de 2017 foi convocado pola selección uruguaia absoluta para dous encontros de clasificación de cara ao Mundial de Rusia 2018, contra as seleccións da Arxentina e Paraguai. Debutou nun amigable contra Polonia en Varsovia o 10 de novembro de 2017.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Ficha en footballdatabase". footballdatabase.eu. Consultado o 5 de marzo de 2013.
- ↑ Vilar Landeira, Ramón. "Tacos de aluminio". La Voz de Galicia. Consultado o 23 de maio de 2021.
- ↑ "Nacional sufrió un resbalón" (en castelán). 28 de xaneiro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 20 de febreiro de 2014. Consultado o 23 de maio de 2021.
- ↑ "Gastón Pereiro deja el PSV Eindhoven y ficha por el Cagliari hasta 2024". La Vanguardia (en castelán). 31 de xaneiro de 2020. Consultado o 23 de maio de 2021.
- ↑ "Son el orgullo Nacional" (en castelán). 3 de febreiro de 2015. Consultado o 23 de maio de 2021.
- ↑ "Plantel sub-20 confirmado". Asociación Uruguaia de Fútbol (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2015. Consultado o 23 de maio de 2021.
- ↑ "Simeone estuvo imparable" (en castelán). 8 de febreiro de 2015. Consultado o 23 de maio de 2021.
- ↑ "Plantel para el Mundial Sub-20". Asociación Uruguaia de Fútbol (en castelán). 14 de maio de 2015. Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2015. Consultado o 23 de maio de 2021.
- ↑ "Un debut enorme, como Guruceaga" (en castelán). 31 de maio de 2015. Consultado o 23 de maio de 2021.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gastón Pereiro |