Saltar ao contido

Galiña de auga común

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Galiña de río»)
Galiña de auga común

Gallinula chloropus chloropus


Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Gruiformes
Familia: Rallidae
Xénero: Gallinula
Especie: G. chloropus
Nome binomial
Gallinula chloropus
(Linné, 1758)

G. chloropus
Gallinula chloropus

A galiña de auga común[2] (Gallinula chloropus (Linné, 1758))[3], tamén chamada galiñola,[4] galiña de auga, galiña de río, pita de auga ou pita de río,[5] é unha especie de ave gruiforme da familia Rallidae que habita en Eurasia e África. Non se debe confundir coa especie: Porzana pusilla.

Descrición

[editar | editar a fonte]

A galiña de auga común mide aproximadamente 37 cm de longo. Presenta un escudo facial vermello, faixas brancas nos flancos, plumaxe negra e patas amarelas. Os individuos inmaturos son de cor castaña escura co abdome máis claro, sen o escudo facial vermello.

Aliméntase dunha gran variedade de material vexetal, alén de pequenos animais acuáticos. Frecuenta lagos, lagoas, canles, pantanos e tamén lagunas salobres. É ave migratoria, marchando para o norte durante o inverno austral.

O niño é unha cesta cuberta construída no chan entre vexetación densa. A femia deposita entre 8 e 12 ovos. Pode haber unha segunda niñada no ano, composta entre 5 e 8 ovos. A incubación dura aproximadamente tres semanas e realízana ambos pais.

Distribución

[editar | editar a fonte]

Amplamente distribuída no mundo, existen aproximadamente 12 subespecies, ademais de dous representantes do Plioceno Superior de América do Norte:

Exemplares inmaturos.
  • G. c. pauxilla (Bangs, 1915): das planicies do leste do Panamá ao nordeste do Perú.
  • G. c. guami (Hartert, 1917): endémica do nordés das Illas Marianas.
  • G. c. barbadensis (Bond, 1954): endémica de Barbados.
  1. BirdLife International. "{{{taxon}}}". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 
  2. "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-06. 
  3. Nome en galego en Guía das aves de Galicia, A Coruña, Baía Edicións, 1991 e Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos, Santiago de Compostela, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 2000
  4. Conde Teira, M. A. (1999). "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada" (PDF). Chioglossa (A Coruña) 1: 121–138. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de marzo de 2016. Consultado o 28 de setembro de 2016. 
  5. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para galiñola.
  6. "Rails, Crakes & Coots". IOC World Bird List (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 24 de abril de 2020. Consultado o 14 de setembro de 2011.