Gaio Xulio Fedro
Gaio Xulio Fedro | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | anos 20 a. C.xuliano |
Macedonia Central | |
Falecemento | anos 50xuliano e 50 |
Nacionalidade | Roma Antiga |
Ocupación | escritor e poeta |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Caio ou Gaio Xulio Fedro [a], nado ca. -15 e finado ca. 70, foi un fabulista romano.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fedro foi un escravo orixinario de Macedonia. Recibiu a liberdade de mans de Augusto e desenvolveu a súa actividade literaria durante os reinados de Tiberio, Calígula e Claudio.
Publicacións[editar | editar a fonte]
Publicou en cinco libros a súa colección de fábulas latinas en verso. Moitos dos temas destas composicións están tomados de Esopo; outros, con todo, proceden da súa experiencia persoal ou inspíranse na sociedade da súa época.
Características[editar | editar a fonte]
Como el mesmo declara no prólogo da súa obra, a fábula foi inventada porque os escravos, medorentos do castigo se ousaban dicir o que sentían, enmascararon as súas ideas expresándoas en forma de fábulas para evitar con bromas finxidas as reaccións violentas dos seus señores.
Sexa ou non real esta afirmación, o certo é que no cento unha fábulas de Fedro que se conservaron apréciase con claridade a intención didáctica e moralizante que introduce o breve relato, protagonizado preferentemente por animais. Nelas desenvólvese o concepto de protesta social, adaptándoo ao contido e aos costumes da súa época. Altivo e ambicioso, quixo conferir ao apólogo moralista popular a elegancia e o garbo da poesía.
Con todo, aínda que Fedro confesa que só se limita a representar de forma xenérica a vida e os costumes dos homes do seu tempo (ipsam vitam et mores hominum ostendere), o certo é que as veladas alusións críticas a personaxes contemporáneos valéronlle un proceso por parte de Sexano, o poderoso prefecto do pretorio e favorito do emperador Tiberio.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ En latín, C. Iulius Phaedrus.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gaio Xulio Fedro ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Fedro (1988). Fábulas. Clásicos en galego 2. Galaxia. ISBN 84-505-7274-6.
- Fedro/Aviano. Fábulas/Fábulas. Fábulas de Rómulo. Editorial Gredos. ISBN 9788424927905. (en castelán)
- VV. AA. Enciclopedia Monitor. Editorial Salvat. ISBN 8471372134. (en castelán)