Manuel Núñez Singala
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Manuel Núñez.
Manuel Núñez Singala | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 23 de setembro de 1963 |
Lugo | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | escritor |
Xéneros | Teatro, narrativa e ensaio |
Estudos | Filoloxía Galega |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Manuel Carlos Núñez Singala, nado en Lugo o 23 de setembro de 1963, é un escritor galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
A Terra Chá é a súa primeira patria, onde vive até a adolescencia. Estuda, traballa e vive máis tarde en Santiago de Compostela. Estudou Filoloxía Galega e traballou no Parlamento de Galicia, na Xunta e finalmente, na Universidade de Santiago de Compostela, onde dirixe, desde 1988, o Servizo de Normalización Lingüística.
Obras[editar | editar a fonte]
Teatro[editar | editar a fonte]
- O achado do castro, 1990, Sotelo Blanco.
- Comedia bífida, 2007, Galaxia.
- Planificación estratéxica, 2009, Laiovento.
Narrativa[editar | editar a fonte]
- Mar de fondo, 1997, Galaxia.
- Menú de enganos, 2010, Galaxia.
- Instrucións para tomar café, 2014, Galaxia.
- Camiños na auga, 2016, Galaxia.
- Noite de temporal, (2017, Oqueleo)
- Atranco no banco (2019). Galaxia. Costa Oeste. 108 páxs.[1]
Ensaio[editar | editar a fonte]
- En galego, por que non?, 2009, Galaxia.
- Sacar a lingua é de mala educación. Oportunidades do multilingüísmo na infancia e na idade adulta, 2017, Galaxia.
Obras colectivas[editar | editar a fonte]
- Vocabulario sobre o medio físico e o asentamento humano, 1988, Universidade de Santiago.
- Criterios lingüísticos: cincuenta cuestións rápidas para persoas impacientes, 1997, Universidade de Santiago.
- Documentos administrativos, modelos comentados, 1997, Universidade de Santiago.
- O Idioma na Universidade de Santiago de Compostela (resultados dun inquérito realizado no curso 1995-1996), 1998, Universidade de Santiago.
- Mini-relatos, 1999, Libraría Cartabón. Relato.
- Longa lingua, 2002, Xerais. Relato.
- Sempre mar, 2003. Relato.
- Lingua e futuro, 2010, Laiovento. Ensaio.
Premios[editar | editar a fonte]
- Premio Xiria de Creación Teatral no 1987, por O achado do castro.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Atranco no banco". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-11-12.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da Literatura Galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-019-5.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Manuel Núñez Singala na páxina web da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.