Alex Kapranos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAlex Kapranos

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Alexander Paul Kapranos Huntley Editar o valor em Wikidata
20 de marzo de 1972 Editar o valor em Wikidata (52 anos)
Almondsbury, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Strathclyde
Universidade de Aberdeen (pt) Traducir
Bearsden Academy (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónguitarrista , cantante , compositor de cancións Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1992 Editar o valor em Wikidata -
Membro de
The Yummy Fur (1998–valor descoñecido)
Franz Ferdinand (vocalista (pt) Traducir, guitarrista solo (pt) Traducir, teclista)
The Karelia (en) Traducir (vocalista (pt) Traducir, guitarrista, bouzouki player (en) Traducir)
FFS (vocalista (pt) Traducir, guitarrista)
BNQT (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoIndie rock, Post-punk revival, Dance-punk e Art rock Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoGuitarra e voz Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoDomino Records Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeClara Luciani (2023–)
ParellaEleanor Friedberger (pt) Traducir (–valor descoñecido) Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm1567208 Twitter: alkapranos Instagram: alkapranos Spotify: 43tffeOxONSbTQ888To7bE Last fm: Alex+Kapranos Musicbrainz: 262b08bd-539c-43b4-9dbf-1d85d25e79b8 Songkick: 3467776 Discogs: 241524 Allmusic: mn0000115548 Deezer: 4432040 Editar o valor em Wikidata

Alex Kapranos (grego: Άλεξ Καπράνος, nado Alexander Paul Kapranos Huntley, 20 de marzo de 1972, Almondsbury, Gloucestershire, Inglaterra) é un músico británico, máis coñecido polo traballo como vocalista e guitarrista da banda Franz Ferdinand.

Alex Kapranos, fillo de pai grego e nai inglesa [1], pasou a infancia en Sunderland e South Shields, Reino Unido, cidade natal de súa nai e pasaba as vacacións de verán en Grecia, terra do seu pai. Huntley é o nome de solteira da súa nai. Alex pasou a usar este nome temendo sufrir discriminación debido ao seu apelido grego mentres aínda estaba na escola e acabara de se mudar a Escocia. A súa nai insistiu en pórlle de segundo nome "Paul", pois ela era fan de Paul McCartney.

En 1980 mudouse xunto coa súa familia a Edimburgo e, máis tarde, para Glasgow, en 1984. Cando tiña 17 anos, Alex foi a Universidade de Aberdeen para estudar Teoloxía. Continuou os seus estudos en diferentes universidades, como a de Strathclyde en Glasgow. No inicio da década de 1990, participa activamente na escena musical da cidade, organizando noites con música ao vivo no 13th Note.

Despois de traballar como xefe de cociña, camareiro, profesor no Instituto de Tecnoloxía do Anniesland College, repartidor de comida india e en varios outros empregos, Alex tamén se uniu ás populares bandas de Glasgow, como The Amphetameanies, The Yummy Fur (Alex entrou na banda en 1998, e non participou en ningún álbum), e The Karelia.

Posteriormente, decidiu tirar o apelido "Huntley" do seu nome, e formou en 2001 a banda Franz Ferdinand, xunto con Bob Hardy que fora camareiro con el, Nick McCarthy, que o acababa de coñecer nunha festa, e Paul Thomson, ex-batería de The Yummy Fur. Franz Ferdinand comezou a recibir atención internacional co lanzamento do sinxelo Take me Out. A banda recibiu premios importantes como o Ivor Novello, o Mercury Music Prize, ou os Brit Awards.

Alex ten asma e é alérxico ás améndoas (que compara co arsénico). Escribe para o The Guardian, na columna Soundbites que conta as súas aventuras culinarias con Franz Ferdinand. Recentemente, publicou un libro de gastronomía xuntando todas as columnas publicadas no xornal e máis algunhas inéditas, chamado Mordidas sonoras (Conrad, 2007).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Neil Scott. "The Mind’s Construction Quarterly » Alex Kapranos". Tmcq.co.uk. Consultado o 29-06-2013.