Aliteración

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A aliteración é un recurso estilístico do compoñente métrico-fonolóxico.

Consiste na repetición no plano fónico, dado pola combinación repetida e expresiva de certos sons iguais ou afíns ó longo dun verso, estrofa ou poema. Segundo o fonema repetido pode ser consonántica ou vocálica. Ao mesmo tempo, pode ser eufónica se o resultado da repetición é harmónica e cacafónica cando o resultado é desagradábel. A retórica clásica sinalou os seguintes tipos de aliteración: iotacismo, repetición de /i/, lambadacismo, repetición de /l/, mitacismo, repetición de /m/ e polisigma cando son repetido é /s/.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

A aliteración (do latín alliteratio, de ad- e littĕra letra) é un termo introducido a principios do século XVI polo humanista italiano Giovanni Pontano. Nos manuais antigos e medievais empregábase preferentemente o étimo homoeoprophoron (do grego ὁμοιοπρόφορον).

Exemplos[editar | editar a fonte]

  • En "Un repoludo gaiteiro" (Cantares Gallegos, Rosalía de Castro): Obsérvese a presenza de oclusivas en sílaba tónica
Un repoludo gaiteiro,

de pano sedán vestido,
como un príncipe cumprido

cariñoso e falangueiro
  • En "Un repoludo gaiteiro" (Cantares Gallegos, Rosalía de Castro):
sempre con poxante brío
co tambor se acompasaba
  • En "Penélope perde novelo nove" de Álvaro Cunqueiro:
Pende en que pende Penélope pensativa
perde novelo nove novamente canto
Da aldea lexana fumegan as tellas

detrás dos petoutos vai póndose o sol
retornan pros eidos coa noite as ovellas

tiscando nas beiras o céspede mol

Véxase tamén[editar | editar a fonte]