The Yummy Fur foi unha banda escocesa de indie rock de Glasgow, formanda no ano 1992 e separada en 1999. O grupo estaba composto polo cantante principal e guitarrista John McKeown e unha formación cambiante de músicos. O seu nome está collido do cómic Yummy Fur de Chester Brown.
Tras deixar a banda en 1997, Lawrence Worthington tocaría a batería en The Male Nurse e en Country Teasers, unha banda de art punk influenciada por The Fall.
Tres futuros membros da exitosa banda de indie rockFranz Ferdinand tocaron en The Yummy Fur. O batería Paul Thomson, que se uniu ao grupo en 1997, e o multiinstrumentista Alex Kapranos Huntley, que se uniu en 1998, foron membros fundadores de Franz Ferdinand, e Dino Bardot uniríase como guitarrista a Franz Ferdinand en 2017 para substituír a Nick McCarthy.
O teclista Mark Gibbons suicidouse no ano 1999.[1]
A banda foi eloxiada polo DJ e presentador John Peel da BBC Radio 1, gravando dúas Peel Sessions en 1995 e 1998.[2]
O 23 de novembro de 2009 anunciouse que McKeown e Thomson reunirían a The Yummy Fur para unha breve xira polos Estados Unidos en xaneiro de 2010 para promover un disco de grandes éxitos.[3] Un novo informe de NME confirmou a participación do guitarrista de Brian MacDougall.[4]