Francisco Varela Garrido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Francisco Varela Garrido
Nacemento 1900
  Cerdedo, Cerdedo
Falecemento 27 de xullo de 1937
  Pontevedra
Nacionalidade España
editar datos en Wikidata ]

Francisco Varela Garrido, coñecido como Pancho, nado en Cerdedo en 1900 e finado en Pontevedra o 27 de xullo de 1937, foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Gerardo Varela, que foi alcalde do Concello de Cerdedo en 1904 e 1909-10. Cursou estudos de Maxisterio, e dedicouse á profesión de comercial (comisionista) no negocio de seu pai. Foi membro da Sociedade de Agricultores de Cerdedo e correspondente de El Pueblo Gallego. Militou primeiro no PSOE e despois en Izquierda Republicana. Foi xuíz municipal de Cerdedo (1931-1933) e secretario interino do Concello. Xulgado en Pontevedra por rebelión, foi condenado a morte e executado o 27 de xullo de 1937.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]