Fernando Salgado Varela
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Fernando Salgado.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de setembro de 1959 (65 anos) Cerdedo-Cotobade, España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, escritor |
Sitio web | fernandosalgado.com |
Fernando Salgado Varela, nado en Cerdedo-Cotobade o 7 de setembro de 1959, é un xornalista e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Neto de Francisco Varela Garrido. Traballou en Diario de Galicia, Atlántico Diario e La Voz de Galicia. É delegado de Diario de Pontevedra na comarca do Salnés. Colaborou en Tempos Novos, A Trabe de Ouro, Ardentía e Sustansia. Tamén colabora con Radio Arosa.
Obras
[editar | editar a fonte]- Elefantes y Hormigas (2013). Recrea a traxectoria de Stergios Patakioutas Skrimbas (Macedonia-Grecia) ao que obrigaron a subir a un camión en Salónica cando tiña trece anos para rematar nun campo de concentración nazi na Alemaña.[1]
- El humo del diablo (2015). O mundo da cocaína e o bazuko, protagonizada por José Antonio Iglesias Prieto, enxeñeiro nado en Portonovo, que acabou acabou vivindo en Colombia vendendo lixo.[2]
- El fútbol en Galicia (2016). Deputación de Pontevedra. 293 páxs. ISBN 978-84-8457-445-3.
- 1306/36 (2018). Biografía de Pancho Varela (Francisco Eloy Agapito Constantino Varela Garrido), fillo do alcalde de Cerdedo (Pontevedra), xornalista e activista social de esquerdas que foi fusilado en Pontevedra o 27 de xullo de 1937.[3]
- Papel de estraza (2022). Con Juan Otero (Genito). Deputación de Pontevedra. ISBN 978-84-8457-510-8. Sobre o goberno independente e utópico para A Illa de Arousa, declarado ao fío da revolución de outubro de 1934.[4]
- ¿Qué miras? (2023). Ed. Carlos Crespo Gómez. 164 páxs. ISBN 978-84-09-55033-3. Narra a vida de Susi Maquieira Velay, unha muller con acondroplasia nacida en Cuntis e de 52 anos, á que os seus 110 centímetros non lle supuxeron un freo.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "A historia de Europa narrada dende Vilagarcía: 'Elefantes y hormigas'". Pontevedra Viva. 2013-12-18. Consultado o 2024-04-05.
- ↑ Lecturafilia (2016-04-12). "El humo del diablo". Lecturafilia (en castelán). Consultado o 2024-04-05.
- ↑ "Fernando Salgado presenta en Pontevedra a súa terceira novela '1306/36', na que rescata a historia de Pancho Varela". Pontevedra Viva. 2019-01-23. Consultado o 2024-04-05.
- ↑ "«Papel de estraza», a memoria do goberno revolucionario da Illa e da súa feroz represión". La Voz de Galicia. 2021-06-18. Consultado o 2024-04-05.
- ↑ Pontevedra, Diario de (2024-02-22). "Fernando Salgado presenta o seu libro '¿Que miras?' este venres na Sala Nauta". Diario de Pontevedra. Consultado o 2024-04-05.