Sabino Bugallo Valiñas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSabino Bugallo Valiñas
Biografía
NacementoQuireza Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncomerciante , político Editar o valor em Wikidata
Partido políticoIzquierda Republicana Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsSeverino Bugallo Valiñas Editar o valor em Wikidata

Sabino Bugallo Valiñas, nado en Cerdedo-Cotobade, foi un comerciante e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Dirixente da Sociedade de Labregos e Canteiros de Castro e membro do Centro Republicano Radical Socialista de Cerdedo. Coa folga xeral revolucionaria de 1934 foi cesado e detido o 11 de outubro. Procesado en Pontevedra, foi posto en liberdade o 14 de decembro de 1934 canda Carlos González Estévez, Antonio Sueiro Cadavid, Camilo Sueiro Bouzas, Francisco Varela Garrido, José Torres Paz e Alfredo Iglesias Álvarez.[1] En febreiro de 1935 foi elixido presidente do Comité de Izquierda Republicana de Cerdedo.[2] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estivo fuxido no monte. Logrou embarcar en Vilagarcía de Arousa cara Cuba e logo marchou a Buenos Aires. Foille incoado expediente de responsabilidades políticas en 1940.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Pueblo Gallego, 16-12-1934, p. 14.
  2. El País, 20-2-1935, p. 3.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]