Francisco Salgado López

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Francisco Salgado López
Francisco Salgado López-Quiroga 1927.jpg
Nome completoFrancisco Salgado López-Quiroga
Nacemento1859
Lugar de nacementoMonterroso
Falecemento8 de novembro de 1940
Lugar de falecementoA Coruña
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónpoeta
IrmánsAntonio Salgado López
editar datos en Wikidata ]

Francisco Salgado López-Quiroga, nado en Monterroso en 1859 finado na Coruña o 8 de novembro de 1940, foi un avogado, xuíz, xornalista e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Irmán de Antonio Salgado López. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1884), dirixiu La Prensa Gallega de Santiago de Compostela en 1885. Comezou a exercer como avogado no Xulgado de Chantada. En 1890 aprovou as oposicións á xudicatura, e tivo o seu primeiro destino en Salas de los Infantes (Burgos). Foi xuíz en Callosa d'en Sarrià (Alacant) en 1902, e despois en Cambados e Pontedeume; foi fiscal da Audiencia de Ourense (1916-1924) e fiscal da Audiencia Territorial da Coruña (1924-1927). Publicou poemas en La Región, Vida Gallega e El Eco del Ulla. Utilizou os pseudónimos Proscenio e Lady Sofrosine. Finou na Coruña o 8 de novembro de 1940.[1]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Consuelo Boo. Foi pai de Sara, Raquel (que casou en 1921 con Primitivo Rodríguez Sanjurjo), e Lia Salgado Boo.

Obras[editar | editar a fonte]

En castelán[editar | editar a fonte]

  • El secuestro del poder judicial, 1902.
  • Los bacilos y los bastoncitos de doña Perfecta, 1902.
  • Poesías, cuentos, aforismos y poemas breves.

En galego[editar | editar a fonte]

  • A leenda d’un probe. A soedá do campo, 1918.
  • A Galicia, 1918.
  • Cantares d’a Terra (2 volumes), 1922,1927.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Ideal Gallego, 9-11-1940, p. 3.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]