Antonio Gato
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2020.) |
Antonio Gato | |
---|---|
Nacemento | 22 de febreiro de 1945 |
Lugar de nacemento | Monterroso |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Antonio Edelmiro Gato Soengas, nado en Monterroso o 22 de febreiro de 1945, é un político galego que militou en distintas formacións independentes e de centro-esquerda.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
É diplomado en Maxisterio e licenciado en Dereito pola UNED. Comezou a súa militancia no Partido Socialista Popular de Tierno Galván en 1973, que acabou formando parte do PSOE. Foi concelleiro nos anos 1979 e 1991-1995 e deputado provincial en 1991. Foi deputado polo PSdeG no Parlamento de Galicia durante as catro primeiras lexislaturas (1981-1997). De 1999 a 2015 foi alcalde de Monterroso e dende 2007 portavoz do PSdeG na Deputación de Lugo. En 2015 perdeu a alcaldía e tres anos máis tarde, no outono de 2018, anunciou a súa baixa no PSOE.
Nas municipais de 2019 presentouse como candidato á alcaldía por un novo partido, Independentes por Monterroso (IxM) e resultou elixido alcalde, se ben sen maioría absoluta. Ao pouco disto, destituíu os tenentes de alcalde do seu partido, e gobernou el só. A finais de 2019, nomeou tenentes de alcalde os edís do PSdeG e CxG.[1] En maio de 2020 viviu outra crise de goberno, a segunda no mandato, e destituíu os concelleiros do PSdeG: quedou no goberno el só co apoio do edil de CxG[2].En xullo de 2020 renunciou ao cabo á alcaldía e abandonou o concello, co que se abriu un proceso para elixir novo alcalde[3].
Predecesor: Luis Pereiro Vázquez |
![]() Alcalde de Monterroso 1999 - 2015 |
Sucesor: Jesús Otero Calvo |
Predecesor: Miguel Rico Gómez |
![]() Alcalde de Monterroso 2019 - 2020 |
Sucesor: Rocío Seijas Vázquez |
Obras[editar | editar a fonte]
- O entroido de Casa de Naia, 1992.
- Francisco Salgado López de Quiroga. Vida e obra poética, 1993.
- Os muíños de auga na Ulloa, 1998.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Antonio Gato nombra a tenientes de alcalde del PSdeG y CxG tras cesar a los suyos
- ↑ Ramudo (2020-05-06). "El PSdeG reclama la dimisión de Gato tras quedarse con el apoyo de un único concejal". COPE (en castelán). Consultado o 2020-05-18.
- ↑ "Antonio Gato: «A miña decisión non ten que ver ca Fiscalía, e demostrareino»". La Voz de Galicia (en castelán). 2020-07-08. Consultado o 2020-07-09.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Escritores de Galicia en lingua galega
- Deputados do Parlamento de Galicia polo PSdeG-PSOE
- Alcaldes de Monterroso
- Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE
- Alcaldes de Galicia durante a democracia
- Deputados provinciais de Lugo
- Nados en Monterroso
- Nados en 1945
- Deputados da I Lexislatura do Parlamento de Galicia
- Deputados da II Lexislatura do Parlamento de Galicia
- Deputados da III Lexislatura do Parlamento de Galicia
- Deputados da IV Lexislatura do Parlamento de Galicia