El Eco del Ulla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

El Eco del Ulla foi un periódico editado en Monterroso entre 1920 e 1921.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Subtitulado Órgano del Sindicato Católico Agrario de Monterroso e Periódico Quincenal defensor de los intereses morales y materiales del distrito, apareceu a finais de 1920. Saía a rúa os días 1 e 15 de cada mes. Dirixido por Mariano Rodríguez Iglesias, o seu administrador era Manuel Fernández Ledo. Entre os seus promotores estaba o crego Teolindo Cortiña. Incluíu colaboracións de José Calvo Sotelo, Francisco Salgado López de Quiroga, F. Varela Ouro, Vázquez Miranda, Otero Besteiro e Xan d'a Amoexa. El Eco del Ulla tiña correspondentes e recollía información de Palas de Rei, Antas de Ulla, Portomarín, Monterroso, Taboada, Chantada e Carballedo. Serviu de canle de reivindicacións sociais e culturais e vía de comunicación coa emigración. Aínda se editaba en xullo de 1921[1].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Ideal Gallego, 8-7-1921, p. 5

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Teijeira Fanego, Mari Paz; Torre Rioyo, María de la (1997). Deputación Provincial, ed. A prensa en Lugo: dous séculos de historia. Lugo. ISBN 84-8192-110-6.