Francisco Javier Vázquez Maneiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Javi Maneiro
Heredeiros da Crus.JPG
Nacemento10 de decembro de 1973
 A Pobra do Caramiñal
NacionalidadeEspaña
Ocupacióncantante
editar datos en Wikidata ]

Francisco Javier Vázquez Maneiro, coñecido como Javi Maneiro, nado na Pobra do Caramiñal o 10 de decembro de 1973[1], é un cantante galego de música rock, coñecido principalmente por ser o vocalista dos Heredeiros da Crus e de Jabón Blue.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1992, Javi Maneiro, "o fillo da Necha", participou na fundación dos Heredeiros da Crus en Castiñeiras, xunto a Tonhito de Poi, Tuchiño, Fran Velo, e Avelino Ares. Entrou como o vocalista principal da banda, cuxo primeiro disco, A cuadrilla de Pepa a loba, saíu en 1994. A ese primeiro traballo seguíronlle outros cinco discos de estudo, un dobre disco en directo (o primeiro da historia do rock en galego)[2] gravado na festa da Dorna de Ribeira, xiras por toda Galicia con algunha saída pola Península e mesmo fóra dela (concertos en Portugal, Londres e Nova York)[3], colaboracións co Xabarín Club e unha enorme popularidade entre a mocidade galega.[4] Nas súas cancións destacan o uso da gheada e do seseo e as letras desenfadadas, en ton humorístico, e en ocasións de temática sexual, que levantaron máis dunha polémica con grupos feministas e do clero.[5]

En 2005 a banda separouse. Entón Javi fundou outro grupo, Jabón Blue, con músicos de Galicia e Madrid. En 2006 presentaron o seu primeiro disco, La música va por dentro, coa novidade de que as letras estaban escritas en castelán e compostas polo propio Maneiro. En total o grupo gravou catro discos ata a súa separación. En xaneiro de 2012, os Heredeiros da Crus anunciaron o seu regreso para un concerto en Ordes, para o que se venderon as 3000 entradas en só 48 horas.[4] O que ía ser un único concerto de reunión[6] converteuse nunha volta definitiva, continuando a banda nos escenarios a día de hoxe. En 2013 publicaron un novo disco de estudio, Jard rock con fe e outro en 2019, Derretidos.

Paralelamente aos Heredeiros, comezou unha carreira en solitario co nome de "Maneiro", publicando en marzo de 2017 o seu primeiro traballo: Furtivos. Para a súa realización iniciou unha campaña de mecenado coa que tentaba reunir 10.000 euros.[7] A campaña foi un éxito e a cifra sobrepasouse,[8] presentando o disco en abril na Sala Capitol de Santiago de Compostela.[9] En 2019 publicou o seu segundo disco en solitario Acaricia mis arrugas.[10] Segundo el mesmo, o motivo de que empregue o castelán nas súas letras é para chegar a máis público.[8]

Ten realizado colaboracións con numerosas bandas e artistas como Astarot, Dakidarría,[11] Iván Ferreiro,[12] Raiba,[13] Tregua,[14] Cuarta Xusta,[15] Trasnochando[16] ou Jacobo Paz & Dos Mundos.[17]

Discografía[editar | editar a fonte]

Con Heredeiros da Crus[editar | editar a fonte]

Con Jabón Blue[editar | editar a fonte]

En solitario (Maneiro)[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Díaz Ageitos, A. (2018). Heredeiros da Crus. Cuadrilla de Pepa a Loba. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. p. 194. ISBN 9788491214304. 
  2. "Heredeiros da Crus lanzan o primeiro directo de rock feito en galego". 6 de outubro de 2000. Consultado o 24 de setembro de 2019. 
  3. "El regreso de Heredeiros da Crus". La Voz de Galicia (en castelán). 19 de xaneiro de 2012. Consultado o 24 de setembro de 2019. 
  4. 4,0 4,1 "El ‘jran día’ de Heredeiros". El País (en castelán). 2 de marzo de 2012. Consultado o 24 de setembro de 2019. 
  5. "Heredeiros da Crus regresan en su XX aniversario tras ocho años de silencio". El Mundo (en castelán). 2 de marzo de 2012. Consultado o 24 de setembro de 2019. 
  6. "Os Heredeiros da Crus volven aos escenarios para celebrar o seu 20 aniversario". 20 de xaneiro de 2012. Consultado o 24 de setembro de 2019. 
  7. "«Cando un leva a música na alma non ten máis remedio que seguir tentándoo»". La Voz de Galicia (en castelán). 15 de xaneiro de 2017. Consultado o 24 de setembro de 2019. 
  8. 8,0 8,1 "Javi Maneiro: «Nacín con Heredeiros, aprendín con Jabon Blue e agora sigo o meu camiño»". La Voz de Galicia (en castelán). 26 de xullo de 2018. Consultado o 24 de setembro de 2019. 
  9. "Entrevista a Maneiro, que presenta su primer disco en solitario: “Furtivos”" (en castelán). 25 de abril de 2017. Consultado o 24 de setembro de 2019. 
  10. "'Acaricia mis arrugas' é o novo álbum de Javi Maneiro". CRTVG. 11 de febreiro de 2019. Consultado o 24 de setembro de 2019. 
  11. DAKIDARRÍA "Terra" - Videoclip oficial (Youtube). 6 de marzo de 2013. 
  12. "Javi Maneiro e Iván Ferreiro xuntos en 'Lágrimas Felices'". CRTVG. 17 de xaneiro de 2018. Consultado o 24 de setembro de 2019. 
  13. "Correlingua 2010". Consultado o 20 de setembro de 2019. 
  14. "Mario (Tregua): “La música es currar, currar, currar y currar”" (en castelán). Consultado o 24 de setembro de 2019. 
  15. "O grupo melidense Cuarta Xusta presenta o seu primeiro disco". www.gzmusica.com. Consultado o 24 de setembro de 2019. 
  16. "Primer disco del grupo Trasnochando" (en castelán). 30 de outubro de 2012. Consultado o 24 de setembro de 2019. 
  17. "Jacobo Paz & Dos Mundos". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2019. Consultado o 24 de setembro de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]