Avelino Ares
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1975 Ribeira |
| Morte | 2018 Fafián |
| Grupo étnico | Pobo galego |
| Actividade | |
| Ocupación | batería |
| Membro de | Heredeiros da Crus (1992–1992) |
Avelino Manuel Ares Santos,[1] nado en Ribeira en 1975 e finado entre finais de abril e primeiros de maio de 2018 en Fafián (Ribeira),[2] foi un músico galego, un dos fundadores de Heredeiros da Crus.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Veciños de Ribeira, el e mais Tonhito de Poi, comezaron a tocar nunha banda de pop chamada Eclipse, e en 1992 fundaron Heredeiros da Crus canda outros tres membros (Tuchiño, Javi Maneiro e Francisco Velo). Ares ata o momento fora teclista, pero, necesitados dun batería no novo grupo,[3] vendeu o seu teclado e mercou unha batería simple coa que empezaron a tocar e cantar.
Ares deixou ese mesmo ano a banda,[3] durante os ensaios do que sería o seu primeiro álbum, A cuadrilla de Pepa a Loba, se ben xa tocara con Heredeiros en diversas ocasións, entre elas a primeira actuación na Festa da Dorna (1992) de Ribeira.
Despois integrou outros grupos de rock, entre os que destacou La Tuna del Norte (2004).[3]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Estivo nas drogas[3] e faleceu nun piso abandonado de Ribeira, a canda a súa parella sentimental, Beatriz, por asfixia pola combustión dun braseiro, é dicir, morreu polo fume. No tempo do seu falecemento traballaba descargando peixes.[4] Está soterrado no camposanto parroquial de Xuño.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Entierros en Ribeira | Pompas Fúnebres del Noroeste". www.pompasfunebresnoroeste.es (en castelán). Pompas Fúnebres del Noroeste. 12-05-2018. Arquivado dende o orixinal o 15-05-2018. Consultado o 14-05-2018.
- ↑ "Encontran dous cadáveres nun edificio abandonado en Ribeira | CRTVG". www.crtvg.gal. CRTVG. Consultado o 14-05-2018. [Ligazón morta]
- 1 2 3 4 Gerpe, A. (14-05-2018). "El teclista que se hizo batería para dar alas a Heredeiros da Crus". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 17-04-2018.
- 1 2 Gómez, M. (13-05-2018). "El El último vuelo de Avelino y Beatriz". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 17-04-2023.