Margarida de Foix
Margarida de Foix | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Margarida de Foix |
Nacemento | 1453 |
Lugar de nacemento | Clisson |
Falecemento | 15 de maio de 1486 |
Lugar de falecemento | Nantes |
Soterrada | Catedral de Nantes |
Nacionalidade | Francia e España |
Relixión | Igrexa católica |
Pai | Gastón IV de Foix |
Nai | Leonor I de Navarra |
Cónxuxe | Francisco II da Bretaña |
Fillos | Ana da Bretaña e Sabela da Bretaña |
Irmáns | Catarina de Foix, infanta de Navarra, Xoana de Foix, condesa de Armagnac, María de Foix, Gastón de Foix, Xacobe de Foix, Xoán de Foix e Pierre de Foix |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Margarida de Foix (en francés: Marguerite de Foix), nada en Clisson en 1453[1] e finada en Nantes o 15 de maio de 1486, foi un dos nove fillos de Gastón IV, conde de Foix, e de Leonor I de Navarra.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
O 27 de xaneiro de 1471,[2] en Clisson, casou con Francisco II, duque da Bretaña, con quen tivo dúas fillas:
- Ana (Castelo de Nantes, 27 de xaneiro de 1486 - Castelo de Blois, 9 de xaneiro de 1514), herdeira do ducado e, por dúas veces, raíña consorte de Francia;
- Sabela (1481, antes de 10 de maio - Rennes, 24 de agosto de 1490), que morreu nova, sepultada na Catedral de Rennes.
Morreu en Clisson, ós 28 anos. Ela e o seu esposo foron sepultados nunha tumba magnífica, con dúas estatuas súas esculpidas por Michel Colombe entre 1502 e 1507, na Catedral de Nantes.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Genealogics
- ↑ François Alexandre Aubert de la Chenaye Desbois (1773). Antoine Boudet, ed. Dictionnaire de la noblesse de France. París.