Fran Mérida
Fran Mérida | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Francisco Mérida Pérez | ||
Nacemento | 4 de marzo de 1990 | ||
Lugar de nacemento | Barcelona | ||
Altura | 1,75 m. | ||
Posición | Centrocampista | ||
Información de club | |||
Club actual | Lugo | ||
Número | 17 | ||
Carreira xuvenil | |||
1998–2005 | Barcelona | ||
2005–2007 | Arsenal | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2007–2010 | Arsenal | 6 | (1) |
2008 | → Real Sociedad | 20 | (1) |
2010–2012 | Atlético de Madrid | 5 | (0) |
2011 | → Sporting de Braga | 17 | (0) |
2012–2013 | Hércules | 18 | (1) |
2013–2014 | Atlético Paranaense | 6 | (1) |
2015–2016 | Huesca | 58 | (8) |
2016–2020 | Osasuna | 104 | (9) |
2020–2022 | Espanyol | 46 | (1) |
2022–2023 | Tianjin Jinmen Tiger | 44 | (5) |
2024– | Lugo | 6 | (0) |
Selección nacional | |||
2006–2007 | España sub-17 | 17 | (5) |
2007–2009 | España sub-19 | 17 | (7) |
2008–2012 | España sub-21 | 16 | (6) |
Na rede | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 12 de marzo de 2024. Selección: actualizado a 12 de marzo de 2024.[ editar datos en Wikidata ] | |||
Francisco Mérida Pérez, nado en Barcelona o 4 de marzo de 1990, é un futbolista español que xoga como centrocampista no Lugo da Primeira División RFEF.
Formouse nas canteiras do Barcelona e do Arsenal e aos 18 anos debutou co equipo inglés na Premier League. Militou tamén na Primeira División española, vestindo as camisetas de Atlético de Madrid, Osasuna e Espanyol, e Segunda División, ademais de pasar por clubs de Portugal, o Brasil e a China.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezos
[editar | editar a fonte]Nacido en Barcelona, ingresou na canteira do FC Barcelona aos oito anos,[1] pero abandonou a entidade en setembro de 2005, poñendo rumbo ao Arsenal inglés.[2] O 25 de setembro de 2007 debutou oficialmente co primeiro equipo do Arsenal, substituíndo a Eduardo da Silva no tempo engadido nunha vitoria por 2-0 contra o Newcastle United na Copa da Liga.[3]
O 18 de decembro de 2007, Iñaki Badiola, candidato á presidencia da Real Sociedad, prometeu a cesión de Mérida se gañaba as eleccións.[4] O 9 de xaneiro do ano seguinte, cinco días despois da vitoria de Badoia, confirmouse a cesión do xogador ao club vasco.[5] Disputou 17 partidos co equipo na Segunda División, repartindo seis asistencias, pero non conseguiu o obxectivo do ascenso. Marcou o seu primeiro e único gol coa Real o 6 de abril de 2008, na vitoria por 2-1 sobre o Hércules en Anoeta.[6]
Regresou ao Arsenal para a campaña 2008/09 e debutou na Premier League horas antes do seu 19 aniversario, nos últimos minutos da vitoria por 3-1 ante o West Bromwich Albion. Disputou un total de 16 encontros oficiais co Arsenal.
Atlético de Madrid
[editar | editar a fonte]O 25 de maio de 2010, o Atlético de Madrid anunciou a fichaxe do xogador.[7] Marcou o seu primeiro gol co seu novo club o 27 de outubro, nunha vitoria por 5-0 ante o Universidad de Las Palmas CF na Copa do Rei,[8] repetindo cun novo tanto no partido de volta.[9]
Comezou a tempada 2011/12 cedido no SC Braga de Portugal. Con todo, a finais de decembro de 2011, tras apenas oito partidos oficiais (cinco na Primeira Liga e 132 minutos en total), foi recuperado polo Atlético.
Hércules
[editar | editar a fonte]En agosto de 2012 volveu á Segunda División asinando un contrato de catro anos co Hércules, co que xogou un total de 19 partidos, marcando un gol.[10]
Atlético Paranaense
[editar | editar a fonte]En febreiro de 2013, tras rescindir o seu contrato co Atlético, asinou por un ano co Atlético Paranaense do Brasil.[11] Non chegou a xogar durante a primeira metade da tempada da Serie A, debutando finalmente o 19 de setembro ante o Flamengo, encontro no que marcou un gol.[12] Converteuse así no primeiro futbolista español en marcar no campionato brasileiro dende que o fixera o galego José Ufarte en 1964.[13]
Na seguinte campaña disputou a Copa Libertadores. Deixou o club en xullo, despois de que o seu contrato non fose renovado.[14]
Huesca
[editar | editar a fonte]Tras uns meses sen equipo, en xaneiro de 2015 recalou no Huesca, da Segunda División B. Contribuíu con 15 partidos e un gol ao ascenso á Segunda División como campións do grupo.
Osasuna
[editar | editar a fonte]En xullo de 2016 volveu á máxima categoría do fútbol español tras chegar a un acordo con Osasuna.[15] Debutou o 20 de agosto, substituíndo ao tamén debutante Fausto Tienza ante o Málaga e logrou o gol do empate 1-1.[16]
Aínda que o equipo acabou descendendo esa campaña, conseguiu regresar a Primeira ao remate da 2018/19, na que contribuíu con 31 partidos e un gol.[17]
Espanyol
[editar | editar a fonte]No verán de 2020 fichou polo Espanyol, da Segunda División, conseguindo na súa primeira tempada o terceiro ascenso da súa carreira deportiva. Apenas contou con minutos durante a tempada 2021/22 na máxima categoría e en agosto de 2022 puxo rumbo á China, onde asinou como novo xogador do Tianjin Jinmen Tiger, equipo da Superliga.[18] En xaneiro de 2024 volveu ao seu país e fichou polo Lugo, da Primeira División RFEF.[19]
Selección nacional
[editar | editar a fonte]Mérida formou parte da selección española sub-17 que gañou a Eurocopa de 2007.[1] En xullo de 2007 tamén disputou coa selección sub-17 a Copa do Mundo en Corea do Sur, proclamándose subcampión tras caer na final ante Nixeria.[20]
En 2009 foi convocado pola selección sub-20 para a Copa do Mundo celebrada en Exipto. Marcou un gol na goleada por 8-0 sobre Tahití e outros dous no seguinte partido ante Nixeria.[21][22] Foi titular nos oitavos de final ante Italia, onde o seu equipo caeu eliminado por 3-1.[23]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]A súa irmá Sara é tamén futbolista e destacou especialmente no RCD Espanyol.[24]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Mérida to make Spain proud" (en inglés). 2 de maio de 2007. Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2007. Consultado o 12 de marzo de 2024.
- ↑ Fernández, Napoleon (1 de novembro de 2006). "El 'hermano pequeño' de Cesc". El País (en castelán). Consultado o 12 de marzo de 2024.
- ↑ Chowdhury, Saj (25 de setembro de 2007). "Arsenal 2-0 Newcastle". BBC] (en inglés). Consultado o 12 de marzo de 2024.
- ↑ López, Ángel (20 de decembro de 2007). "Iñaki Badiola ata a Fran Mérida, del Arsenal, y a Marc Crosas". Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 12 de marzo de 2024.
- ↑ "Fran Mérida, el primer fichaje de Badiola". El Correo (en castelán). 10 de xaneiro 2008. Consultado o 12 de marzo de 2024.
- ↑ "El Hércules pierde ante la Real Sociedad en los últimos diez minutos". Diario Información (en castelán). 6 de abril de 2008. Consultado o 12 de marzo de 2024.
- ↑ "Fran Mérida se compromete con el Atlético para las próximas cuatro temporadas" (en castelán). 25 de maio de 2010. Consultado o 12 de marzo de 2024.
- ↑ "El Atleti adorna el guión establecido". Marca (en castelán). 27 de outubro de 2010. Consultado o 12 de marzo de 2024.
- ↑ "Un golazo de Mérida y poco más en un Calderón fantasmagórico". Marca (en castelán). 11 de novembro de 2010. Consultado o 12 de marzo de 2024.
- ↑ "El Hércules se refuerza con Fran Mérida y a Portillo". Marca (en castelán). 2 de agosto de 2012. Consultado o 12 de marzo de 2024.
- ↑ "Fran Mérida paga 100.000 euros al Hércules para irse a Brasil". Diario Información (en castelán). 12 de febreiro de 2013. Consultado o 12 de marzo de 2024.
- ↑ "Furacão reage, vira sobre o Fla no Maracanã e provoca saída de Mano" (en portugués). 19 de setembro de 2013. Consultado o 12 de marzo de 2024.
- ↑ "Fran Mérida, primer goleador español en Brasil en 50 años" [Fran Mérida, first Spanish goalscorer in Brazil for 50 years]. El Periódico de Catalunya (en castelán). 20 de setembro de 2013. Consultado o 12 de marzo de 2024.
- ↑ "Pela porta dos fundos: afastado, trio encerra passagem pelo Atlético-PR". 6 de xuño de 2014. Arquivado dende o orixinal o 26 de agosto de 2014. Consultado o 12 de marzo de 2024.
- ↑ "Fran Mérida ficha por Osasuna" (en castelán). 21 de xullo de 2016. Consultado o 12 de marzo de 2024.
- ↑ "Osasuna empata 'in extremis' en La Rosaleda" [Osasuna draw 'in extremis' at the La Rosaleda]. Marca (en castelán). 19 de agosto de 2016. Consultado o 12 de marzo de 2024.
- ↑ "Los goles del Osasuna Campeón". Marca (en castelán). 18 de xuño de 2019. Consultado o 12 de marzo de 2024.
- ↑ "Francisco Merida joins Tianjin Jinmen Tigers on free transfer" (en inglés). Consultado o 12 de marzo de 2024.
- ↑ "Fran Mérida, nuevo jugador del CD Lugo" (en castelán). Consultado o 12 de marzo de 2024.
- ↑ "España pierde la final del Mundial sub-17 ante Nigeria en la tanda de penaltis" [Spain lose under-17 World Cup final to Nigeria on penalties]. El País (en castelán). 8 de setembro de 2007. Consultado o 12 de marzo de 2024.
- ↑ "España arrasa en su debut". Marca (en castelán). 26 de setembro de 2009. Consultado o 12 de marzo de 2024.
- ↑ "Fran Mérida marcó los dos goles del triunfo de España ante Nigeria" [Fran Mérida scored both goals of Spain's win against Nigeria]. El Diario Vasco (en castelán). 29 de setembro de 2009. Consultado o 12 de marzo de 2024.
- ↑ "España se derrumba ante Italia en el Mundial sub'20". El Mundo (en castelán). 6 de outubro de 2009. Consultado o 12 de marzo de 2024.
- ↑ "La hermana de Fran Mérida también es internacional con España" [Fran Mérida's sister is also a Spanish international]. As (en castelán). 3 de marzo de 2010. Consultado o 12 de marzo de 2024.
- Nados en Barcelona
- Nados en 1990
- Xogadores da Real Sociedad
- Xogadores do Arsenal FC
- Xogadores do Atlético de Madrid
- Xogadores do SC Braga
- Xogadores do Hércules CF
- Xogadores do CA Paranaense
- Xogadores do SD Huesca
- Xogadores do CA Osasuna
- Xogadores do RCD Espanyol
- Xogadores do CD Lugo
- Xogadores da selección de fútbol de España sub-21