Foliada de Melide

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Foliada de Melide
Logo foliada de Melide.png
Logo foliada de Melide.png
Datos da festa
TipoCanto, baile e música tradicional galega
SedeMelide
Comezo2005
DataDerradeira semana de abril
OrganizadorAsociación Cultural O Castelo
Concello de Melide
Na rede
http://foliadamelide.gal
Facebook: foliadamelide Twitter: foliadamelide Instagram: foliadamelide Youtube: UCa_eGzI8EWS9zWvsAbv0LBg Editar o valor em Wikidata

A Foliada de Melide é unha festa folclórica galega que se celebra anualmente, na derradeira semana de abril, na vila de Melide.

Historia[editar | editar a fonte]

En maio de 2005 a Asociación Cultural O Castelo , organizou en Melide unha xuntanza festiva con distintos grupos e asociacións folclóricas da contorna.[1][2] Coa colaboración do concello de Melide, o encontro tivo continuidade no ano seguinte. Así, durante o domingo 30 de abril de 2006 sucedéronse na vila diferentes actividades: ruadas, unha mostra de artesanía, exposicións, conferencias, obradoiros, actuacións etc. A festa rematou cun concerto de Mini e Mero e un serán até altas horas da madrugada.[3][4]

A festa repetiuse nos dous anos seguintes neste formato dun só día, na 3ª edición (2007)[5] e na 4ª (2008)[6]. Porén, a 5ª foliada, no ano 2009, pasou a celebrarse xa en dous días, sábado e domingo, incorporando por primeira vez o concurso de cantos de taberna.[7] Os concertos desta edición foron os últimos que se ofreceron no Pazo de Congresos e Exposicións de Melide, trasladándose desde aquela, co apoio do goberno municipal do BNG, á céntrica Praza das Coles.[8]

En dous días foi tamén o calendario das edicións 6ª (2010), con concertos de Tiruleque e Arrás!;[9] a 7ª (2011) con Quempallou e Cé Orquestra Pantasma;[10] a 8ª (2012) con Pepe Vaamonde grupo e Odaiko;[11] e 9ª (2013) con Vaamonde, Lamas e Romero, Pelepau e Sés.[12]

Na décima edición da foliada (2014), o evento ampliou novamente a súa duración incorporando tamén o venres. Naquel ano actuaron, entre outros, Anxo Lorenzo, Caxade e Radio Cos.[13]

Este novo formato a tres días continuou na 11ª edición (2015), na que pecharon a festa os diplomáticos de Monte Alto[14]; na 12ª (2016), con Xabier Díaz e as Adufeiras[15]; na 13ª (2017) con Davide Salvado[16]; e na 14ª (2018) con Vanesa Muela[17].[18]

XV Foliada de Melide[editar | editar a fonte]

No ano 2019 a 15ª edición da foliada foi suspensa por discrepancias entre os organizadores e o concello de Melide. A Asociación Cultural O Castelo denunciou nun comunicado a falta de colaboración da administración municipal desde a chegada o poder do Partido Popular no ano 2011, polo que comunicou a súa renuncia a organizar novamente o evento.[19] A alcaldesa popular Dalia García Couso, denunciou que esta renuncia tiña motivacións políticas, por ser presentada a poucos meses das eleccións municipais.[20] Malia tentar o concello organizar o evento polos seus propios medios,[21] a falta de apoio do sector cultural, fixo que a foliada fose suspendida nese ano.

As restricións provocadas pola epidemia de COVID-19, imposibilitaron a realización do festexo nos anos 2020 e 2021.

Finalmente, foi no ano 2022 cando se puido celebrar a foliada número 15, novamente nun formato de dous días. Nesta xeira a organización correu a cargo do concello, co novo goberno de Xosé Manuel Pérez Penas, apartándose a asociación O Castelo da xestión do festival.[22] As actuacións principais neste ano foron dos grupos Comando Curuxás e Tanxugueiras.[23]

XV Foliada de Melide
Actuación do Comando Curuxás. 
Baile tradicional na rúa. 
Palco da festa. 
Actuación das Tanxugueiras. 

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Foliada en MELIDE". aCentral Folque 2004 - 2006. -001-11-30T00:00:00+00:00. Consultado o 2022-05-01. 
  2. "A Foliada de Melide, unha consolidada cita coa tradición". Galicia Confidencial. Consultado o 2022-05-01. 
  3. "II Foliada de Melide". aCentral Folque 2004 - 2006. -001-11-30T00:00:00+00:00. Consultado o 2022-05-01. 
  4. "MELIDEinBLOG". Consultado o 2022-05-01. 
  5. "III FOLIADA DE MELIDE". aCentral Folque 2006 - 2009. 2007-04-12. Consultado o 2022-05-01. 
  6. "IV FOLIADA DE MELIDE". gaiteirosgalegos.gal. Consultado o 2022-05-01. 
  7. "V Foliada de Melide". aCentral Folque 2006 - 2009. 2009-04-12. Consultado o 2022-05-01. 
  8. "Una treintena de grupos en la Foliada de Melide". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2022-05-03. 
  9. "VI Foliada de Melide". gaiteirosgalegos.gal. Consultado o 2022-05-01. 
  10. "VII Foliada de Melide - Malmequer". www.blogoteca.com. Consultado o 2022-05-01. 
  11. "Programación VIII Foliada de Melide - Malmequer". www.blogoteca.com. Consultado o 2022-05-01. 
  12. "IX Foliada de Melide". gaiteirosgalegos.gal. Consultado o 2022-05-01. 
  13. "X Foliada de Melide". gaiteirosgalegos.gal. Consultado o 2022-05-01. 
  14. "XI Foliada de Melide". www.ghastaspista.com. Consultado o 2022-05-01. 
  15. "XII Foliada de Melide". www.ghastaspista.com. Consultado o 2022-05-01. 
  16. "Melide celebra a última fin de semana de abril a súa XIII Foliada de Melide". gaiteirosgalegos.gal. Consultado o 2022-05-01. 
  17. "XIV Foliada de Melide - Malmequer". www.blogoteca.com. Consultado o 2022-05-01. 
  18. "A Foliada de Melide, unha consolidada cita coa tradición". Galicia Confidencial. Consultado o 2022-05-03. 
  19. "Adeus á Foliada de Melide pola falta de implicación do concello". Galicia Confidencial. Consultado o 2022-05-03. 
  20. "Polémica tras organizar a alcaldesa unha festa paralela á 15 edición da Foliada de Melide". Galicia Confidencial. Consultado o 2022-05-03. 
  21. "El Concello de Melide busca apoyos para la organización de la Foliada". La Voz de Galicia (en castelán). 2019-02-21. Consultado o 2022-05-03. 
  22. Melide, Concello de. "Melide celebra a XV edición da Foliada do 23 ao 24 de abril". www.concellodemelide.org (en castelán). Consultado o 2022-05-03. 
  23. "XV edición da Foliada de Melide". Lindeiros. 2022-04-04. Consultado o 2022-05-03.