Fodón
Fodón Trisopterus minutus | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Fodón | |||||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||
LC [1] | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||
Trisopterus minutus (Linnaeus, 1758) | |||||||||||||||||||||||
Distribución de Trisopterus minutus
| |||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||
|
O fodón,[2][3][4][5][6] Trisopterus minutus, é un peixe osteíctio da orde dos gadiformes e familia dos gádidos, moi común na costa europea do océano Atlántico, na costa de Marrocos e no mar Mediterráneo.[7]
Características
[editar | editar a fonte]De corpo de forma semellante á dun bacallau en miniatura, algo máis pequeno (e máis esvelto) que a faneca, pode alcanzar unha lonxitude máxima de até 40 cm, aínda que comunmente só mide uns 20 cm.[8]
A coloración do dorso é amarela acastañada (como a dunha vaca marela), cambiando até á abrancazada no ventre, cunha pequena mancha escura por riba da base da aleta pectoral,[7][8]
No presenta espiñas nin na aleta dorsal nin na anal.
O maxilar superior é algpo protáctil, e exhibe unha longa barbela no mento.[8]
Hábitat e bioloxía
[editar | editar a fonte]É unha especie bentopeláxica mariña, non migradora, que habita en augas superficiais nun rango de profundidade de entre 1 e 440 m,[9] aínda que normalmente entre 15 e 200 m, en augas temperadas, entre os 66° e 28° de latitude norte, e entre os 13º de lonxitude oeste e os 36º leste,[7] agrupado en pequenos cardumes,[8] mentres que no Mediteráneo adoita encontrarse en torno aos 120 m de profundidade pousado sobre a area do fondo.[7]
Aliméntase de crustáceos, pequenos peixes e vermes poliquetos e outros animais bentónicos.[7][8]
Adquire a madurez sexual ao ano de idade, e desova a profundidades de entre os 50 e os 100 m. Ao sur do mar do Norte e do Canal da Mancha a época da reprodución vai desde febreiro a abril, mentres que no Mediterráneo é de decembro a marzo.
Os ovos, peláxicos, miden 1 mm, e as larvas recentemente eclosionadas, de 2 a 2,5 mm. O crecemento do fodón é moi rápido, alcanzando de 12 a 14 cm aoi ano de idade, e de 17 a 19 cm aos dous anos.[8]
Pesca e usos
[editar | editar a fonte]O fodón pescouse tradicionalmente no Atlántico norte como captura adicional en redes de arrastre, utilizándose para a fabricación de fariña de peixe para a elaboración de pensos en gandaría, mentres que no Mediterráneo se pesca tamén para consumo humano,[8] alcanzando prezos intermedios no mercado.[10]
Na zona do levante español adoita poñerse en salmoira, e a súa carne forma parte de diversas salsas.
En Galicia
[editar | editar a fonte]En Galicia tamén coñecido, entre outros, polos nomes nomes de:[3]
- cabalo
- cabalo macho
- cabezón
- faneca brava
- faneco
- fanecón
- home
- homiño
Moitos destes nomes, segundo Ríos Panisse,[3] débese a que os mariñeiros dividen ás fanecas en dúas clases, macho e femia, aplicando aos machos o nome de fodón, é dicir ao home que fode, polo que un dos nomes da femia (a faneca) é puta descalsa (recollido en Cesantes, Redondela) polo que se ao macho chaman fodón [...] o correlato esperado para a faneca femia é o de puta. Tamén o castelán coñece este nome: puta en cueros. Porén, segundo Antón Santamarina, o fodón é así chamado porque vive xunto coa faneca auténtica pero, ao contrario desta, morde con máis dificultade os anzois e, se o fai, é para devorar a carnada, pero sen quedar enganchado, o que causa a desesperación dos pescadores á liña;[11] é dicir, que empregan fodón no sentido figurado de que molesta ou amola.[12]
Nas augas galegas o fodón aparece rexistrado en numerosos traballos ictiolóxicos, desde o de Steindachner, en Lozano e Rey (1960), onde se cita na Coruña e Vigo, como Gadus minutus, até os máis recentes, xa como Trisopterus minutus, desde o de Labarta (1976) aos de Fariña et al. (1983), que o rexistran sobre fondos da plataforma desde o alfoz do Miño até Ribadeo ou os de Iglesias (1983), en polígonos de bateas mexilloeiras na ría de Muros e Noia ou o de Iglesias e González Gurriarán (1984), nos polígonos de mexilloeiras e en zonas centrais da ría de Pontevedra, pasando por moitos outros.[13]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Trisopterus minutus en Lista vermella da IUCN.
- ↑ fodón no dicionario da RAG Arquivado 22 de xullo de 2013 en Wayback Machine..
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Ríos Panisse (1977), pp. 394-395.
- ↑ Rodríguez Solórzno el a. (1983)
- ↑ Rodríguez Villanueva et. al. (1995)
- ↑ Lahuerta e Vázquez (2000)
- ↑ 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 Cohen, D. M., T. Inada, T. Iwamoto e N. Scialabba (1990): FAO species catalogue. Vol. 10. Gadiform fishes of the world (Order Gadiformes). An annotated and illustrated catalogue of cods, hakes, grenadiers and other gadiform fishes known to date. FAO: FAO Fish. Synop, volume10, nº 125, 442 pp.
- ↑ 8,0 8,1 8,2 8,3 8,4 8,5 8,6 Muus, Bent J. et al. (1998), pp. 24-25.
- ↑ Ocean Biogeographic Information System 2006. OBIS-extracted Depth Data. Harvested by E.Agbayani July 2006 at www.iobis.org.
- ↑ Sumaila, U. R., A. D. Marsden, R. Watson e D. Pauly (2007): "A global ex-vessel fish price database: construction and applications". J. Bioeconomics, 9: 39-51.
- ↑ Véxase nota etimolóxica de Antón Santamarina no § 361. Gadus minutus (L.) en Ríos Panisse (1977), p. 396.
- ↑ Véxase molestar no dicionario da RAG Arquivado 22 de xullo de 2013 en Wayback Machine..
- ↑ Solórzano et al. (1988), p. 28.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Fodón |
Vexa a entrada do Galizionario acerca de Fodón |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Fodón |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Cohen, D., Inada, T., Iwamoto, T. & Scialabba, N. (1990): Gadiform Fishes of the World (Order Gadiformes). An annotated and illustrated catalogue of cods, hakes, grenadiers and other gadiform fishes known to date. FAO: FAO Fisheries Synopsis,125, volume 10, pp. 77–81.Copia arquivada o 17 de decembro de 2018.
- Muus, Bent J.; Jørgen G. Nielsen; Preben Dahlstrøm e Bente O. Nyström (1998): Peces de mar del Atlántico y del Mediterráneo. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-1161-2.
- Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
- Ríos Panisse, M. C. (1977): Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia. I Invertebrados y peces. Santiago: Universidad de Santiago de Compostela. ISBN 84-7191-008-X.
- Rodríguez Solórzano, Manuel; Sergio Devesa Regueiro e Lidia Soutullo Garrido (1983): Guía os peixes de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-433-4.
- Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1995): Peixes do mar de Galicia. (III) Peixes óseos (continuación). Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-870-2.
- Solórzano, Manuel R[odríguez]; José L. Rodríguez, José Iglesias, Francisco X, Pereira e Federico Álvarez (1988): Inventario dos peixes do litoral galego (Pisces: Cyclostomata, Chondrichthyes, Osteichthyes). O Castro-Sada, A Coruña: Cadernos da Área de Ciencias Biolóxicas (Inventarios). Seminario de Estudos Galegos, vol. IV. ISBN 84-7492-370-0.