Saltar ao contido

Final da Copa do Rei de fútbol 1922

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaFinal da Copa do Rei de fútbol 1922
Tipoassociation football final (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Parte deCopa do Rei de fútbol 1922 Editar o valor en Wikidata
Participantes
Localización  e  Datas
Localizacióncampo de Coia (Coia) 42°13′39″N 8°44′09″O / 42.227457, -8.735936 Editar o valor en Wikidata
PaísEspaña Editar o valor en Wikidata
Data1922 Editar o valor en Wikidata
Competición
ÁrbitroThomas Balvay (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Campo de Coia de Vigo, escenario da final.

A Final da Copa do Rei 1922 foi a 22ª final da Copa do Rei de fútbol. Disputouse no Campo de Coia, en Vigo, o 14 de maio de 1922.[1] O Barcelona derrotou ao Real Unión por 5-1, gañando o seu quinto título.[2]

Finalistas

[editar | editar a fonte]

A de 1922 foi a sexta final de Copa do Rei que disputou o FC Barcelona, que gañara catro das cinco que disputara anteriormente, a última delas a de 1920 contra o Athletic de Bilbao no Molinón. O Real Unión, pola súa banda, xogara dúas finais antes desta, en 1913 e 1918, proclamándose campión nas dúas ocasións. O club catalán e o vasco enfrontáranse anteriormente nas semifinais da edición de 1920, saíndo vencedor o Barcelona, despois de gañar pola mínima en Amute cun gol de Paulino Alcántara e empatar 4-4 en L'Escopidora.[3]

Camiño á final

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Copa do Rei de fútbol 1922.

O FC Barcelona chegou á final despois de eliminar ao Sevilla nos cuartos de final e ao Sporting de Gijón nas semifinais, nos dous casos despois de obter resultados discretos na ida a domicilio e golear no partido de volta como local (7-1 ao Sevilla e 7-2 ao Sporting).[4]

Pola súa parte, o Real Unión eliminou facilmente ao Fortuna de Vigo nos cuartos de final, cun resultado global de 9-0 e precisou dun partido de desempate nas semifinais contra o Real Madrid, despois de perder 2-1 no estadio de O'Donnell madrileño e gañar 4-1 en Hondarribia. No encontro de desempate, disputado en Atotxa, o Real Unión desfíxose facilmente do equipo madrileño, cunha goleada por 4-0, con tantos de Patricio, René Petit e Azurza, meténdose así na súa terceira final.[4]

Resumo do partido

[editar | editar a fonte]

A final disputouse nun ateigado campo de Coia, en Vigo.[4] Na primeira parte o Real Unión dominou o xogo e a posesión, pero isto non se traduciu en ocasións claras de gol. O equipo azulgrana estivo moito máis acertado de cara á portería, e marcou o primeiro gol da tarde no minuto 22, tras un disparo de Ramón Torralba que sorprendeu a Domingo Muguruza.[5] Isto serviu de estímulo para o conxunto irundarra que se lanzou insistentemente sobre a portería defendida por Ricardo Zamora. E así, nun córner lanzado polos branquinegros, produciuse un tumulto que acabou co balón dentro da portería.[6] Despois duns minutos nos que parece que os "unionistas" podían darlle a volta ao resultado, un remate de cabeza de Josep Samitier puxo o 2-1.[6] Á beira do descanso, Paulino Alcántara marcou o 3-1 que parecía deixar o partido case sentenciado. Con todo, a segunda parte foi de dominio case total do Real Unión, pero non puido marcar ningún gol, ante a boa actuación dos defensas barcelonistas e do gardameta Zamora.[5] A falta de seis minutos para o final do partido, produciuse unha lea entre xogadores dos dous equipos, despois de que Surroca derrubase a Patricio na área e o árbitro non sinalase nada. O público de Coia invadiu o terreo de xogo e levou sobre os ombreiros a Patricio.[5] O partido quedou suspendido durante un cuarto de hora, ata que os irundarras decidiron volver ao campo. Con todo, saíron desconcertados e o Barcelona aproveitou para marcar dous goles nos minutos finais, por medio de Gràcia e Alcántara, deixando o marcador final en 5-1.[6]

Ficha do partido

[editar | editar a fonte]
Barcelona


Real Unión


  1. Manuel de Castro González (xuño de 1922). "Notas deportivas. Football" (PDF). Nós (11): 13. 
  2. Velasco, Santiago. "Copa do Rei de 1922". linguasport.com (en castelán). Consultado o 10 de novembro de 2021. 
  3. "Copa de 1920". rsssf.com (en inglés). Consultado o 10 de novembro de 2021. 
  4. 4,0 4,1 4,2 "Hoy se juega la final del campeonato de "foot-ball"". El Ideal Gallego (en castelán) (1510). 14 de maio de 1922. p. 1. Consultado o 10 de novembro de 2021. 
  5. 5,0 5,1 5,2 "El F.C. Barcelona campeón de España". El Progreso (en castelán) (2920). 16 de maio de 1922. pp. 1–2. Consultado o 10 de novembro de 2021. 
  6. 6,0 6,1 6,2 "Partido final del Campeonato de España". El Ideal Gallego (en castelán) (1511). 16 de maio de 1922. pp. 1–2. Consultado o 10 de novembro de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]