Filgueira, Crecente

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Filgueira
Iglesia-Cruceiro.JPG
Igrexa de Filgueira
Concello Crecente
Poboación 193 hab. (2013)
Entidades de poboación 34

San Pedro de Filgueira (do latín filicariam plural de filicem, 'fento ou fieito' e sufixo abundancial ariam)[1] é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Crecente na comarca da Paradanta. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 193 habitantes (91 homes e 102 mulleres), distribuídos en 23 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 261 habitantes.

A parroquia está ás beiras do río Miño e preto do encoro da Frieira. Pódense atopar muíños e tamén unha fermosa capela na honra de San Xosé. Tamén hai un miradoiro dende o cal se pode ver toda a parroquia e o río Miño. En Filgueira existe unha das mellores vereas do concello.

Historia e patrimonio[editar | editar a fonte]

Durante a romanización de Galicia construíuse unha calzada, e a conexión a través do río Miño facíase posteriormente coa barca de Filgueira.

A igrexa de San Pedro de Filgueira é do século XVIII con fachada neoclásica, os cruceiros son da mesma época (o do atrio é de influencia portuguesa). Consérvanse varias pontes e muíños sobre pequenos ríos que baixan do monte Chan de Moeiras, entre os que destaca a ponte de San Xosé (sobre un regato do mesmo nome) cunha capela vella en fronte da ponte.

A finais do século XIX chegou o ferrocarril e fórmase o barrio de Filgueira estación, un lugar moi concurrido xa que desde alí se cruzaba o Miño cara a Celanova e o balneario de Cortegada de Baños e se comerciaba, sendo moi importante o tráfico de madeira. Durante séculos funcionou como lugar de paso do Miño un posto de barcas entre ambas as dúas beiras e que ocasionou preitos entre o mosteiro de Celanova e unha familia nobre polas ganancias de dita barca, que funcionou dende a idade media ata principios do século XX, cando se construíu a ponte vella de Cortegada-Filgueira. O esmorecemento do lugar continúa coa emigración durante a segunda metade do século XX, cando se construíu o encoro de Frieira.

Galería de fotos[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Filgueira[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Filgueira no concello de Crecente (Pontevedra)

O Agro | A Aldea | Os Baróns | A Calzada | Cañoto | Os Carballás | A Carreira | Casares | Os Casás | O Ceo | A Choca | O Coiñedo | A Costa | A Devesa | A Ermida | Guillade | Os Martingos | O Outeiro | O Pazo | A Pousa | As Quintas | A Raxeira | O Rego | O Reguengo | O Rial | A Riba | A Rochela | O Romano | O Sifón | O Souto | O Surreiro | As Tabernas | A Ucha | A Viña

Parroquias de Crecente[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Crecente

Albeos (San Xoán) | A Ameixeira (San Bernabeu) | Angudes (San Xoán) | Crecente (San Pedro) | Filgueira (San Pedro) | O Freixo (San Roque) | Quintela (San Caetano) | Rebordechán (Santa María) | Ribeira (Santa Mariña) | Sendelle (Santa Cruz) | Vilar (San Xorxe)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Cabeza Quiles, F: Toponimia de Galicia. Vigo. Editorial Galaxia. 2008, 703 páxs. Páx. 309, 320 ISBN 978-84-9865-892-1