A Ameixeira, Crecente

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Ameixeira
Igrexa parroquial
ConcelloCrecente[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°12′48″N 8°13′20″O / 42.21333333, -8.22233333Coordenadas: 42°12′48″N 8°13′20″O / 42.21333333, -8.22233333
Poboación114 hab. (2013)
Entidades de poboación11[1]
editar datos en Wikidata ]

San Bernabeu da Ameixeira é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Crecente na comarca da Paradanta. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 114 habitantes (56 homes e 58 mulleres), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 119 habitantes.

O castro do Cerco está situado enriba do lugar de Bouzas. Atópase sen escavar sobre unha elevación con foxos e murallas.

A parroquia limita ao norte co concello da da Cañiza. Está bañado polo río Ribadil, e o lugar máis alto é o monte de Picoña, de 647 metros, en torno ao cal se reparten as entidades de poboación. A economía baséase na gandería e o pastoreo.

Historia[editar | editar a fonte]

A Ameixeira dependía eclesiasticamente da capela de San Colmede, anexo de Filgueira. Co derrubamento deste templo para aproveitar as pedras na construción da actual igrexa parroquial de Filgueira, A Ameixeira constituíuse como parroquia no século XVIII após reclamación dos veciños.[2][3]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares da Ameixeira[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia da Ameixeira no concello de Crecente (Pontevedra)

A Aldea de Arriba | A Ameixeira | As Bouzas | A Chabola | Os Mouros | Os Padrosos | Paredes | Os Reinaldos | O Retiro | As Ribas | San Colmede

Parroquias de Crecente[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Crecente

Albeos (San Xoán) | A Ameixeira (San Bernabeu) | Angudes (San Xoán) | Crecente (San Pedro) | Filgueira (San Pedro) | O Freixo (San Roque) | Quintela (San Caetano) | Rebordechán (Santa María) | Ribeira (Santa Mariña) | Sendelle (Santa Cruz) | Vilar (San Xorxe)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]