Lemma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Partes dunha espigueta, coas dúas glumas, lemma e pálea

Lemma é un termo usado na botánica fitomorfolóxica para se referir a unha parte da espigueta das gramíneas (Poaceae). É a máis baixa de dúas brácteas da gluma que encerran a espigueta das gramíneas. Moitas veces prolóngase cun filamento chamado aresta, e poden ser moi semellantes na forma ás glumas - brácteas situada na base das espiguetas. Xeralmente é considerado unha bráctea, mais tamén é considerado coma un residuo dos tres membros exteriores do perianto verticilar (a pálea representaría os outros dous membros soldados entre si).

A forma da lemma, o número de veas, sexa ou non arestada, e a presenza ou ausencia de pelos, son características particularmente importantes na clasificación taxonómica das gramíneas.