Marcel Gotlib

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Marcel Gotlib
Nome completoMarcel Gotlieb
AlcumeGotlib
Nacemento14 de xullo de 1934
Lugar de nacementoXIV Distrito de París
Falecemento4 de decembro de 2016
Lugar de falecementoLe Vésinet
SoterradoLe Vésinet
NacionalidadeFrancia
Ocupaciónartista de banda deseñada, guionista, caricaturista e debuxante
PremiosOficial das Artes e das Letras, Cabaleiro da Lexión de Honra e Grand prix de la ville d'Angoulême
Na rede
IMDB: nm0331809 Discogs: 1003203 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Marcel Gotlib, ou simplemente Gotlib, seudónimo do historietista francés Marcel Gotlieb, nado en París en 1934.

Gotlib é fillo de emigrantes xudeus húngaros. Pasou parte da súa infancia nun orfanato e comezou a debuxar na adolescencia. Estudou debuxo publicitario na escola de Artes e Oficios da capital francesa, e en 1959 publicou os seus primeiros traballos como ilustrador. Traballou nas revistas Record e Pilote, e foi cofundador de L'Écho des Savanes (con Nikita Mandryka e Claire Bretécher) e da importante Fluide Glacial. En 1991 recibiu o gran premio do Festival de Banda Deseñada de Angoulême. É un dos historietistas europeos de maior renome. O seu personaxe máis coñecido é Gai-Luron, e tamén son célebres as súas historietas curtas, agrupadas na serie Rubrique-à-Brac.

Gotlib fai un cómic provocador, de carácter humorístico, cun debuxo detallista que descompón e amplifica os movementos dos protagonistas (o que deu en chamarse "debuxo excesivo").

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]