Will Eisner

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Will Eisner
Nome completoWilliam Erwin "Will" Eisner
AlcumeWillis Rensie, Mr. Heck, W. Morgan Thomas, Erwin Willis e Ford Davies
Nacemento6 de marzo de 1917
Lugar de nacementoBrooklyn
Falecemento3 de xaneiro de 2005 (87 anos)
Lugar de falecementoFort Lauderdale
CausaParada cardiorrespiratoria
NacionalidadeEstados Unidos de América
EtniaPobo xudeu
Alma máterDeWitt Clinton High School e Art Students League of New York
Ocupaciónartista de banda deseñada, guionista de cómics, escritor, guionista, novelista, pintor, editor, debuxante e ilustrador
Coñecido porThe Spirit e Contrato con Deus
PremiosInkpot Award, Grand prix de la ville d'Angoulême, Yellow Kid Award, Milton Caniff Lifetime Achievement Award, Reuben Award, Society of Illustrators Hall of Fame, Salón da fama Jack Kirby, Harvey Award for Best Writer e Harvey Award for Best Cartoonist (Writer/Artist)
Na rede
http://willeisner.com
IMDB: nm0252162 Allmovie: p450966
Bitraga: 4005 Discogs: 3105098 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

William Erwin "Will" Eisner, nado en Nova York o 6 de marzo de 1917 e finado en Lauderdale Lakes (Florida) o 3 de xaneiro de 2005, foi un creador de bandas deseñadas estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi un dos primeiros teóricos da banda deseñada, experimentando na forma e no contido na serie The Spirit (1940–1952). Ademais popularizou a expresión novela gráfica coa publicación do seu libro Contrato con Deus.[1] A súa importancia na historia da banda deseñada foi recoñecida coa creación dos Premios Eisner, entregados anualmente aos mellores autores e obras neste medio.

Outros traballos seus son Life on another planet, The force of life, New York - The Big City e os ensaios Comics & Sequential Art e Graphic Storytelling - Telling Comics

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Premios Eisner[editar | editar a fonte]

En inglés Will Eisner Comics Industry Award é o premio da industria do cómic polos logros creativos na banda deseñada dos Estados Unidos. Creado en 1988, Will Eisner foi un habitual das cerimonias de entrega, na Convención Internacional de Cómic de San Diego (California) até o seu pasamento en 2005.

As categorías dos premios, que algúns equiparan aos Oscar dos cómics[2], inclúen mellor guionista, debuxante, rotulación, capa, colorista etc.

Dous galegos recibiron un Eisner, Miguelanxo Prado á mellor antoloxía, en 2004 pola súa participación en The Sandman: Endless Nights (obra colectiva de Neil Gaiman xunto a Dave McKean, Milo Manara, Bill Sienkiewicz entre outros)[3], e Emma Ríos,en 2020 pola capa da súa obra Bella Muerte (Bela Morte)[4].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Will Eisner". Rinoceronte (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2019. Consultado o 7 de xuño de 2019. 
  2. "Emma Ríos gana un premio Eisner, el Óscar del cómic". La Voz de Galicia (en castelán). 2020-07-25. Consultado o 2022-01-26. 
  3. "The Sandmar". Miguelanxo Prado. Web oficial. Consultado o 26-1-2022. 
  4. "Emma Ríos gana el premio Eisner a la mejor portadista" (en castelán). 2020-07-29. Consultado o 2022-01-26. 


Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre arte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.