Festival Sudoeste
O Festival do Sudoeste é un festival musical de verán realizado na vila de Zambujeira do Mar (Portugal), organizado por Música no Coração. Ao longo desta década recibiu máis dun millóns de asistentes.
Na primeira quincena de agosto e durante catro días, milleiros de festivaleiros xúntanse para desfrutar da música.
Artistas
[editar | editar a fonte]Polo festival pasaron algúns dos maiores nomes da música portuguesa e internacional, entre os que destacan BloodHound Gang, Jamiroquai, Portishead, Sonic Youth, Primal Scream, Muse, Marilyn Manson, Oasis, Ben Harpera, The Chemical Brothers, Air, Humanos, Kraftwerk, Silence 4, Franz Ferdinand, Jorge Palma, Basement Jaxx, Fatboy Slim, David Fonseca, Moloko, Da Weasel, Groove Armada, Underworld, Sean Paul, Blasted Mechanism, LCD Soundsystem, Korn, James, Blur, The Gift, P.J. Harvey, Placebo, Toranja, dEUS, Guano Apes, Alanis Morissette, Clã, Massive Attack, Beck, Xutos & Pontapés, Suede, The Cure, Gentleman, The Prodigy, Goldfrapp, Daft Punk, Madness, Boss AC (yoh!), Skin, Zero 7, Dezperados, Macaco (animal ao vivo), Patrice ou Manu Chao entre moitos outros.
Servizos
[editar | editar a fonte]Durante as diversas edicións do festival a organización dispoñibiliza ao público variados servizos como parque de campismo, casas de baño; parque de estacionamento gratuíto durante a semana do festival, caixas Multibanco, Cruz Vermella, zona de alimentación, unha feira de artesanato, caixeiros 24h, transporte gratuíto ata praia mais próxima (Zambujeira do mar).
Recinto
[editar | editar a fonte]A área do Festival do Sudoeste está dividida en dúas partes:
- O recinto do festival, onde se atopan os palcos (Palco TMN, Planeta Sudoeste e Positive Vibes), os servizos de restauración e as outras atraccións como tendas de patrocinadores. Neste recinto son distribuídos preservativos.
- O parque de campismo onde o público coloca as súas tendas. Este serve como lugar de descanso e convivencias para os asistentes.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- http://www.meosudoeste.pt/ Arquivado 15 de setembro de 2015 en Wayback Machine.