O grupo formouse en 1994 en Göttingen, Alemaña. Déronse a coñecer en 1996 tras gañar un concurso local de música coa canción "Open Your Eyes". Este tema foi o seu primeiro sinxelo, seguido do lanzamento do seu primeiro álbum Proud Like a God en 1997.
No 2000 o grupo gravou o seu segundo álbum Don't Give Me Names. Os sinxelos "Big in Japan" (unha versión da canción de Alphaville) e "No Speech" tiveron moito éxito e o grupo obtivo un disco de ouro en Alemaña. Walking on a Thin Line, o seu terceiro disco, saíu á venda no 2003 xunto co sinxelo "Quietly".
O grupo disolveuse tralo lanzamento do seu disco de grandes éxitos Planet of the Apes. Despois da disolución do grupo saíu a venda un disco recompilatorio, Lost (T)apes, que contén temas inéditos que se gravaran nos anos 1994 e 1995.