Saltar ao contido

dEUS

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

DEUS
Imaxe
 Instancia de
 Composto por
 Nome orixinal
Deus (en) Editar o valor en Wikidata
Características
 Xénero artístico
 Discografía
Datas
 Fundación / creación
1991 Editar o valor en Wikidata
 Inicio de actividade
1991 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Premios e distincións
Localización
 Lugar de formación
Códigos e identificadores
VIAF136240885 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000107416939 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/07s493k Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Facebook: dEUSmusic Twitter: deusbe MySpace: deusbe Spotify: 3zMir00BoCKhwNTjlT61KN Apple Music: 13494122 Musicbrainz: 2d0ec174-2bff-4f46-ae1b-dfea0ed9391c Songkick: 276425 Discogs: 74984 Allmusic: mn0000250416 Deezer: 1706 Genius: Deus Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

dEUS é unha banda belga de rock formada en 1989 en Anveres. Dende a súa fundación os seus únicos membros permanentes son Tom Barman (voz, guitarra) e Klaas Janszoons (teclado, violín). O resto do grupo está formado no presente polo batería Stéphane Misseghers, o baixista Alan Gevaert e o guitarrista/corista Simen Folstad Nilsen.[1] dEUS é considerada unha das bandas de rock belgas máis exitosas e influentes.

Formación

[editar | editar a fonte]

A banda, que canta principalmente en inglés, fundouse en Anveres en 1989 como unha banda de versións, e non tivo forma definitiva ata despois do Humo's Rock Rally (un concurso belga de bandas de rock) de 1992. Na xira que seguiu a través de España dEUS definiu o seu son e despois da edición do EP Zea o selo Island Records ofreceulle un contrato á banda,[2] sendo o primeiro grupo indie belga en asinar un contrato cun grande selo internacional.[3]

Primeira época

[editar | editar a fonte]

O seu álbum de estrea, Worst Case Scenario, ten influencias de Frank Zappa, Tom Waits e Captain Beefheart e foi editado o 16 de setembro de 1994, cunha boa acollida por parte da crítica.[4] Pouco despois seguiu o lanzamento dun álbum altamente experimental vendido só por correo titulado My Sister = My Clock, que constaba de trece cancións contidas nunha soa pista física. O seu segundo traballo, In a Bar, Under the Sea, apareceu dous anos despois e tamén foi eloxiado pola crítica pola súa diversidade e agradable caos.

The Ideal Crash, lanzado en 1999, tratábase dun disco máis accesible.[5] Entre os tres álbums (sen contar My Sister = My Clock) a banda vendeu uns 750 000 discos en todo o mundo coseguindo seguidores de culto.[6]

Mentres tanto, dEUS sufriu varios cambios na formación. Despois de xirar con Worst Case Scenario, o guitarrista Rudy Trouvé desilusionouse coa banda e cos compromisos de xira e marchou para centrarse nos seus propios proxectos,[7] incluíndo Kiss My Jazz, Dead Man Ray e The Love Substitutes. Cando saíu In a Bar, Under the Sea o baixista Stef Kamil Carlens tamén deixara a banda para centrarse no seu propio proxecto paralelo, A Beatband (que se converteu en Moondog Jr e despois en Zita Swoon). Foron substituídos por Craig Ward e Danny Mommens, respectivamente. Finalmente, a formación de xira completouse co guitarrista de xira Tim Vanhamel (Evil Superstars, Millionaire, Eagles of Death Metal).[8]

Despois da xira de promoción de The Ideal Crash a banda tomouse un extenso descanso que lle permitiu aos seus membros adicarse a outros proxectos. Barman dirixiu unha película chamada Any Way the Wind Blows no ano 2003 e formou Magnus co produtor de tecno CJ Bolland no 2004.[9]

Segunda época

[editar | editar a fonte]

A mediados do 2004 comezaron a gravar novo material e a realizar concertos por Europa. En agosto lanzaron o sinxelo "If You Don't Get What You Want", só dispoñible a través de descarga dixital.

O 12 de setembro do 2005 setembro editaron o seu novo traballo, Pocket Revolution. Na súa promoción realizaron unha extensa xira cuns 130 concertos. Despois de rematar a xira dEUS comezou a ensaiar para preparar o seu seguinte traballo. No 2007 a banda construíu o seu propio estudio para continuar traballando no seu novo álbum. Gravado coa mesma formación de Pocket Revolution, Vantage Point foi editado o 21 de abril do 2008.

dEUS no Vigo Tr4nsforma 2011.

Vantage Point conseguiu o platino en Bélxica un mes despois do seu lanzamento, pero non tivo tanto éxito en Europa. Despois da aparición do álbum o grupo comezou unha xira de promoción do mesmo, que rematou con dous concertos no Forest National de Bruxelas.

A banda está traballando na actualidade nun novo disco que sairá á luz durante o ano 2010 segundo declaracións de Tom Barman.

dEUS amosa unha gran variedade de influencias, incluíndo a Captain Beefheart, Frank Zappa, Big Star, Sonic Youth, Leonard Cohen e The Velvet Underground.

Co tempo dEUS foi incorporando unha ampla variedade de estilos como pop, folk, free jazz, neo-prog, punk e heavy metal aos seus traballos. Eles convertéronse nunha das máis importantes e influentes bandas belgas de rock.

Discografía

[editar | editar a fonte]
ÁlbumAnoSelo
Worst Case Scenario1994Bang!
In a Bar, Under the Sea1996Bang!
The Ideal Crash1999Island Records
Pocket Revolution2005Universal, V2
Vantage Point2008V2/Cooperative Music
Keep You Close2011Universal Music Belgium
Following Sea2012Play It Again Sam
How To Replace It2023Play It Again Sam


Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  1. "dEUS". Myspace. Consultado o 2025-12-26.
  2. Strong, Martin C. (2000). The Great Rock Discography (5th ed.). Edimburgo: Mojo Books. p. 263. ISBN 1-84195-017-3
  3. "dEUS". AllMusic (en inglés). Consultado o 2025-12-26.
  4. "Worst Case Scenario - dEUS". AllMusic (en inglés). Consultado o 2025-12-26.
  5. Tangari, Joe. "dEUS: Pocket Revolution". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2025-12-27.
  6. "1.000.000". De Standaard. 19 de abril de 2008
  7. "Biography". Hotellounge.be (en inglés). Consultado o 2026-04-08.
  8. "Millionaire : interview op KindaMuzik". www.kindamuzik.net (en inglés). Consultado o 2026-04-08.
  9. "Tom Barman". degrootstebelg.canvas.be. Consultado o 2026-04-08.