A 73ª edición do Festival Internacional de Cinema de Cannes celebrouse no ano 2020. O 13 de xaneiro de 2020, Spike Lee foi nomeado como presidente do xurado.[1] O festival estaba orixinalmente previsto para ter lugar dende o 12 até o 23 de maio de 2020.[2] Porén, por mor da pandemia por coronavirus en Francia, o 14 de abril de 2020 anunciouse que o festival non se celebraría na súa "forma orixinal", explorándose medios alternativos.[3]
Anteriormente, a xestión do festival considerou a celebración en xuño ou xullo,[4] logo de renunciar á cancelación do evento.[5] A mediados de marzo, o principal local do festival o Grand Auditorium Louis Lumière, foi convertido nun refuxio temporal para persoas sen fogar.[6]