O póster oficial do festival amosa a Jean-Paul Belmondo e Anna Karina, do filme de 1965 de Jean-Luc GodardPierrot le Fou. É a segunda vez que o póster do festival está inspirado nun filme de Godard, logo do póster baseado en Le Mépris no Festival de Cannes de 2016. De acordo coa declaración oficial do festiva, o póster está inspirado e rende tributo ó traballo do fotógrafo francés Georges Pierre.[5]
Manifestación de directoras pedindo igualdade entre homes e mulleres na industria do cinema, o 12 de maio.