Ferrari 166 Inter
Ferrari | |
---|---|
Información | |
País | Italia |
Fabricante | Ferrari |
Produción | 1948-1950, 37 unidades |
Sucesor | Ferrari 195 Inter Ferrari 212 Inter |
Carrocería | Cupé, Cabriolé |
Motor | V 12 de 1995 cc |
Potencia | 115 hp a 6000 rpm. |
Longo | 3950 mm |
Largo | 1410 mm |
Alto | 1390 mm |
Peso | 900 kg. |
Tracción | Traseira, caixa de cambios manual de 5 velocidades |
Suspensión | Independente dianteira |
Freos | Tambor nas 4 rodas |
Prestacións | 170 km/h, aceleración 0-100: 10.00” |
Pneumáticos | |
Outros datos | |
Páxina oficial |
O Ferrari 166 Inter foi o segundo Ferrari deportivo destinado para o seu uso na estrada foi o primeiro verdadeiro gran turismo. Unha evolución dos autos de carreiras 125 S e 166 S, trátase dun automóbil deportivo con carrozaría. O nome de Inter conmemora as vitorias do modelo 166 S da Scuderia Inter. Foron construídos 37, 166 Inters desde 1948 ata 1950.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Os primeiros Ferrari 166 foron carrozados por Touring. Con catro portas laterais e unha enorme parilla dianteira como trazos distintivos, o aspecto aínda era anticuado.
O primeiro coche GT de Ferrari debutou no Salón do Automóbil de París o 6 de outubro de 1949. Tratábase dun elegante cupé deseñado por Carrozzeria Touring de Milán que creara previamente unha serie de modelos similares de Ferrari e Alfa Romeo. As vendas aos cliente comezaron pronto, con 166 modelos Inter, converténdose no primeiro Ferrari vendido como turismo no canto de como coche de carreiras. Como era típico no momento, un bastidor espido era entregado a un carroceiro da elección do cliente.
Outros deseños de carrozaría do 166 intentaban salientar aínda máis o carácter deportivo. A versión deseñada por Stabilimenti Farina era máis similar a un auto de carreiras. Posteriormente, o carroceiro Vignale deseñou dúas alternativas máis para o 166. Tamén hai versións creadas por Pininfarina e Bertone.
Notas
[editar | editar a fonte]- Ascerbi, Leonardo (2006). Ferrari: A Complete Guide to All Models. Motorbooks. ISBN 0-7603-2550-2.
- Buckley, Martin & Rees, Chris (1998). World Encyclopedia of Cars. London: Anness Publishing. ISBN 1-84038-083-7.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ferrari 166 Inter |