Saltar ao contido

Ferrari F50

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ferrari F50
Imaxe
(2021)
 Instancia de
 Subclase de
Características
 Marca
 Impulsado por
Implicados
 Deseñador/a
 Fabricante
Historia
 Precedido por
 Sucedido por
Cifras e dimensións
 Total producido
   377 Editar o valor en Wikidata
 Altura
   1,12 m Editar o valor en Wikidata
 Anchura
   1,98 m Editar o valor en Wikidata
 Lonxitude
   4,48 m Editar o valor en Wikidata
 Masa
   1.230 Editar o valor en Wikidata
 Distancia eixes
   2.580 mm Editar o valor en Wikidata
 Potencia
   520 CV Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/030zb_ Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O Ferrari F50 é un modelo de automóbil deportivo producido polo fabricante italiano Ferrari entre os anos 1995 e 1997. Foi bautizado F50 polo 50º aniversario da fábrica. O coche é un dúas portas, dous asentos convertible, cun teito duro desmontable. Pertence ó segmento de superdeportivos, conta cun motor de 4,7 litros atmosférico de 60 válvulas V12 con 520 cabalos de potencia, que se desenvolveu desde o 3,5 L V12 utilizado no Ferrari F92A de Fórmula 1 de 1992.

Só foron feitos 349 coches. O último F50 foi producido en Maranello, Italia en xullo de 1997.

Competición

[editar | editar a fonte]

A partir deste deseño, Ferrari desenvolveu o F50 GT, un prototipo baseado no F50 que foi construído para competir nas carreiras de clase GT1. O coche tiña un teito fixo, spoiler traseiro grande, novo alerón dianteiro e moitos outros axustes. O motor V12 de 4,7 litros foi axustado para xerar ao redor de 750 CV. Nas probas en 1996, o coche demostrou ser máis rápido có 333SP, pero isto non interesou e Ferrari cancelou o proxecto F50 GT.

Especificacións

[editar | editar a fonte]
Ferrari F50 en Melbourne, Australia.
Ferrari F50 traseira.
Ferrari F50.

Dimensións

[editar | editar a fonte]
  • Peso: 1.230 kg.
  • Distribución: 42%/58 % (dianteiro/traseiro)
  • Lonxitude: 4.496 mm.
  • Altura: 1.120 mm.
  • Ancho: 1.986 mm..
  • Distancia entre eixes: 2.581 mm.
  • Tipo: Tipo 040 derivado do modelo SFE 4,7 VJGAEA
  • Posición: motor central, tracción traseira
  • Configuración: Lonxitudinal 60 válvulas V12 a 65°, derivado do de F1
  • aspiración: natural
  • Peso motor: 198,0 kg.
  • Engrenaxes de distribución: 5 válvulas/cil. (3 entrada, 2 escape), 4 árbore de levas (2 por bancada de cilindros)
  • Desprazamento: 4698 cc
  • Potencia máx. : 382 kW; 513 hp @ 8000 rpm
  • torque máx.: 470 N·m @ 6500 rpm
  • Potencia / Disp: 109.1 CV / litro
  • Peso / potencia: 5.8 kg / CV
  • Relación de compresión: 11.3:1
  • R.p.m. máx.: 8500 rpm
  • UCE: Bosch Motronic 2.7
  • Alimentación de combustible: inxección secuencial
  • Arranque: Bosch
  • Lubricación: Cárter seco
  • Depósito de combustible: recheos de espuma, vexiga de caucho de estilo aeronáutico Sekur, 105 litros.

Transmisión

[editar | editar a fonte]
  • Grupo transmisión final: aluminio moldeado en area
  • Engrenaxes restantes: magnesio moldeado en area
  • Soporte: aceiro
  • Materiais: fibra de carbono, resina de epoxi, Nomex niño de abella, construción tipo sándwich
  • Peso: 1.020 kg.
  • Rixidez torsional: 34.570 N·m por grao

Dirección

[editar | editar a fonte]

Prestacións

[editar | editar a fonte]
  • 0–100 km/h: 3,3 segundos
  • 0–1000 m: 19,5 segundos
  • 100–0 km/h(freada): 34 metros
  • Velocidade máxima: 325 km/h

Cores máis comúns

[editar | editar a fonte]
  • Rosso Corsa (Vermello): 302
  • Giallo Modena (Amarelo): 31
  • Rosso Barchetta (Vermello escuro): 8
  • Argento Nurburgring (Prata): 4
  • Nero Daytona (Negro): 4

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]