Fernando I de Nápoles

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFernando I de Nápoles

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento2 de xuño de 1423 Editar o valor em Wikidata
Valencia Editar o valor em Wikidata
Morte28 de xaneiro de 1494 Editar o valor em Wikidata (70 anos)
Reino de Nápoles Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaIgreja de São Domingos Maior (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Rei
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Nápoles Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua italiana Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaCasa de Trastámara Editar o valor em Wikidata
CónxuxeIsabel de Clermont
Joana de Aragão, Rainha de Nápoles
ParellaDiana Guardato (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosJoanna of Naples (en) Traducir
 () Joana de Aragão, Rainha de Nápoles (pt) Traducir
Enrico d'Aragona (en) Traducir
 ()
Giovanna d'Aragona (en) Traducir
 () Diana Guardato (en) Traducir
Federico I o Fabrique
 () Isabel de Clermont (pt) Traducir
Ferdinando d' Aragona y Guardato, 1st Duke of Montalto (en) Traducir, fillo ilexítimo
 () Diana Guardato (en) Traducir
Maria d'Aragona (en) Traducir
 () Diana Guardato (en) Traducir
Lucrezia d'Aragona (en) Traducir
 () Giovanna Caracciolo (en) Traducir
Alfonso d'Aragona (en) Traducir, fillo ilexítimo
 ()
Francis of Naples, Duke of Sant Angelo (en) Traducir
 () Isabel de Clermont (pt) Traducir
Afonso II de Nápoles (pt) Traducir
 () Isabel de Clermont (pt) Traducir
Giovanni d'Aragona (1456-1485) (pt) Traducir
 () Isabel de Clermont (pt) Traducir
Leonor de Nápoles, Duquesa de Ferrara (pt) Traducir
 () Isabel de Clermont (pt) Traducir
Beatriz de Nápoles
 () Isabel de Clermont (pt) Traducir
Beatriz d'Este (pt) Traducir, fillo adoptivo
 () Hércules I d'Este (pt) TraducirLeonor de Nápoles, Duquesa de Ferrara (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisAfonso V de Aragón Editar o valor em Wikidata  e Giraldona Carlino (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsMaria of Aragon (en) Traducir, Ferdinand of Aragon (en) Traducir e Eleonora (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Trastámara-22 Find a Grave: 133803571 Editar o valor em Wikidata
Notes

Fernando I de Nápoles (ou Ferrante I, nado seguramente en Nápoles o 2 de xuño de 1423 e finado en Nápoles o 25 de xaneiro de 1494, foi un fillo de Afonso V de Aragón e I de Nápoles e Sicilia (1396 - 1458) e da súa amante Giraldona de Carlino, que foi rei de Nápoles entre 1458 e 1494, ano da súa morte.

Acceso ao trono e a derrota de Sarno[editar | editar a fonte]

Intentando asegurar un bo futuro ao seu fillo ilexítimo, Afonso fixo que Fernando desposase en 1444 a Isabel de Chiaromonte, sobriña e presunta herdeira do príncipe Xoán Antonio Orsini del Bazo de Taranto, sucesor dos dereitos dos Brienne ao trono de Xerusalén.

Escultura da súa coroación como rei de Nápoles.

Tal como establecera seu pai, Fernando accedeu ao trono de Nápoles en 1458 á idade de 35 anos, pero o papa Calisto III declarou extinta a Casa de Aragón e proclamou que o reino era propiedade da Igrexa Católica. Porén, o pontífice morreu en agosto dese mesmo ano e o seu sucesor, Pío II, deixou de lado a reivindicación e recoñeceu a Fernando como lexítimo soberano. A pesar diso, Xoán de Anjou, aproveitando o descontento dos baróns napolitanos, decidiu intentar a reconquista do trono dos seus antepasados, perdido polo seu pai, e invadiu Nápoles.

Fernando foi derrotado polos anxevinos e os rebeldes na batalla sobre o Sarno o 7 de xullo de 1460. En tal ocasión, foi salvado pola intervención de xentes de armas "provisionati" (milicias asalariadas) e "coscritti" (milicias do pobo) da cidade de Cava de' Tirreni capitaneadas por Giosuè e Marino Longo, que chegaron á localidade na desembocadura do Sarno, descenderon do monte e atacaron aos anxevinos que, sorprendidos e sen poder determinar a entidade do ataque, retrocederon e deron a Fernando a posibilidade de fuxir cara a Nápoles, saíndo polo camiño de Nola.

Por sorte para Fernando, aquela batalla non foi decisiva e conseguiu posteriormente axuda de Alexandre Sforza, do papa Pio II e do caudillo albanés Gjergj Kastriot Skanderbeg, debedor ao rei da protección que lle dera Afonso cando fuxía. Así Fernando logrou vencer aos seus inimigos e, en 1464, logrou restablecer a súa autoridade no reino. En 1478 aliouse co papa Sisto IV contra Lourenzo de Medici, que negociou a paz persoalmente con Fernando na cidade de Nápoles.

O intento orixinal de ser príncipe de Taranto se esfumara, aínda que este feudo continuaba sendo unha das grandes fontes de Ferrante, cando, en 1463, a súa esposa converteuse en titular, herdando o título do seu tío Xoán. Isabel pasou a ostentar os dereitos dos Brienne sobre o trono de Xerusalén, aínda que morreu en 1465. Terían que pasar doce anos para que o seu viúvo contraera matrimonio coa súa prima irmá, a infanta Xoana de Aragón.

Alianzas e guerras[editar | editar a fonte]

Esortazione di insorgere contro i baroni ribelli, 1486.

As alianzas de Fernando apoiábanse principalmente nos duques Sforza de Milán, e nos duques Este de Módena e Ferrara. En 1480, as tropas otomás, ao mando de Mehmed II, ocuparon Otranto, masacrando á maior parte da poboación. No ano seguinte a cidade sería reconquistada por Afonso, duque de Calabria e fillo de Fernando.

O goberno opresivo de Fernando provocou un intento de revolta en 1485 coñecida como a Conxura dos Baróns, provocada polos nobres e dirixida por Francisco Coppola, conde de Sarno, e Antonio Sanseverino príncipe de Salerno, apoiados polo papa Inocencio VIII. A insurrección foi sufocada, pero moitos nobres que non crían na promesa de Fernando dunha amnistía xeral foron asasinados por decisión directa de Fernando.

En 1493, Carlos VIII de Francia, animado polo duque Ludovico Sforza de Milán, preparouse para invadir Italia e conquistar Nápoles. Fernando dase de conta de que ese sería o enfrontamento máis perigoso que xamais debería afrontar na súa vida. Cun instinto case profético, pon en garda aos príncipes italianos con respecto á calamidade que estaba por abaterse sobre eles, pero as súas tentativas para disuadir ao para Alexandre VI e Ludovico Sforza foron en van.

Fernando morreu o 25 de xaneiro de 1494. Está soterado no Sepulcros Reais do Mosterio de Poblet. No trono sucedeuno o seu fillo Afonso, que sería rapidamente deposto despois da invasión francesa de Carlos VIII, que seu pai temera tanto.

Matrimonios e fillos[editar | editar a fonte]

Fernando contraeu nupcias en dúas ocasións:

Predecesor:
Afonso I

Rei de Nápoles

14581494
Sucesor:
Afonso II

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Massimo Buchicchio (2009): La guerra tra Aragonesi e Angioini nel Regno di Napoli. La Battaglia di Sarno. Borgosiepi. ISBN 978-88-906429-0-6.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]