Beatriz de Nápoles

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Beatriz de Nápoles
Beatrix de Nápoles.jpg
Beatriz de Nápoles. Relevo exhibido na Galería de Arte nacional Húngara en Budapest.
Nacemento16 de novembro de 1457
Lugar de nacementoNápoles e Cápua
Falecemento23 de setembro de 1508
Lugar de falecementoNápoles
SoterradaSan Pietro Martire
NacionalidadeReino de Nápoles e Reino de Hungría
Ocupaciónraíña rexente
PaiFernando I de Nápoles
NaiIsabel de Clermont
CónxuxeMatías Corvino e Vladislau II da Hungria
IrmánsJoanna of Naples, Leonor de Nápoles, Duquesa de Ferrara, Francis of Naples, Duke of Sant Angelo, Giovanni d'Aragona, Federico I o Fabrique, Afonso II de Nápoles, Ferdinando d' Aragona y Guardato, 1st Duke of Montalto e Alfonso d'Aragona
Na rede
Find a Grave: 157896972 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Beatriz de Nápoles ou Beatriz de Aragón e Chiaromonte (en húngaro: Aragóniai Beatrix); nada en Nápoles o 14 de novembro de 1457 e finada ibídem23 de setembro de 1508 foi raíña consorte de Hungría, sendo desposada por dous reis húngaros diferentes.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu o 14 de novembro de 1457 en Nápoles como filla de Fernando I e de Sabela de Tarento. O 5 de setembro de 1474 foi prometida polo seu pai en matrimonio ós seus 17 anos de idade co rei húngaro. Logo de trasladarse ó Reino de Hungría foi tomada como esposa polo rei Matías Corvino de Hungría o 22 de decembro de 1476, xunto ó cal gobernou como raíña consorte até a morte do monarca en 1490. Beatriz compartiu con Matías os primeiros anos do Renacemento fóra de Italia, o cal foi exportado a Hungría pola parella real. Axiña o renacemento húngaro alcanzou ó italiano e serviu de ponte para que este chegase ós demais países europeos, como o Sacro Imperio Romano Germánico ou Francia. Desta unión matrimonial non tivo descendencia.

Trala morte de Matías, posto que o rei non tiña herdeiros (soamente o seu fillo ilexítimo oXán Corvino, ó cal quería converter no seu sucesor) Beatriz apoiou ó rei Ladislau Jagellon de Bohemia, o cal foi coroado coa condición de que desposase a Beatriz. Desta maneira celebrouse o matrimonio en 1490, converténdose novamente en raíña consorte de Hungría ata que ó pouco tempo o matrimonio foi anulado polo papa trala petición do mesmo rei húngaro. Esta unión tampouco tivo descendencia.