Fernando Couto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Fernando Couto
FCouto.JPG
Información persoal
Nome completoFernando Manuel Silva Couto
Nacemento2 de agosto de 1969 (48 anos)
LugarEspinho, Portugal
Altura1,84 m.
PosiciónDefensa
Carreira xuvenil
FC Porto
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
1988FC Porto1(0)
1988-1989FC Famalicão (Cedido)0(0)
1989-1990Académica de Coimbra (Cedido)28(3)
1990-1994FC Porto106(19)
1994-1996Parma FC39(4)
1996-1998FC Barcelona44(0)
1998-2005SS Lazio145(9)
2005-2008Parma FC63(1)
Selección nacional
1990–2004Portugal110(8)
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

Fernando Manuel Silva Couto, máis coñecido como Fernando Couto, nado o 2 de agosto de 1969 en Espinho (Portugal) é un ex-futbolista que xogaba na demarcación de defensa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formouse nas categorías inferiores do FC Porto, debutando co primeiro equipo no ano 1988. Os dous anos seguintes pasounos cedido, primeiro no FC Famalicão e despois no Académica de Coimbra. No ano 1990 volveu a Porto, onde se fixo cun oco no equipo titular nas seguintes tempadas.

En 1994 fichou polo Parma FC, co que gañou a Copa da UEFA en 1995. En 1996 fichou polo FC Barcelona, onde militou dúas tempadas.

En 1998 voleu a Italia, ao fichar polo SS Lazio. Xogando no equipo romano deu positivo nun control antidopaxe por nandrolona, polo que foi sancionado con entre catro e nove meses de inhabilitación.

No verán de 2005 remata contrato ca Lazio e ficha outra vez polo Parma FC, club no que se retirou en 2008.

Despois de deixar o fútbol en activo ocupou o posto de director deportivo do Sporting de Braga.

Coa selección[editar | editar a fonte]

Debutou coa Selección de fútbol de Portugal no ano 1990 e disputou un total de 110 encontros. Coa selección disputou as Eurocopa de Fútbol de Inglaterra 1996, Bélxica/Países Baixos 2000 e Portugal 2004.

Tralo certame de Portugal, no que o equipo se proclamou subcampión, Couto retirouse da selección

Palmarés[editar | editar a fonte]

Co FC Porto[editar | editar a fonte]

  • Primeira División de Portugal: 1987/88, 1991/92 e 1992/93.
  • Copa de Portugal: 1988, 1991 e 1994.
  • Supercopa de Portugal: 1991 e 1994

Parma FC[editar | editar a fonte]

FC Barcelona[editar | editar a fonte]

SS Lazio[editar | editar a fonte]

  • Serie A: 1999/00.
  • Copa de Italia: 2000 e 2004.
  • Supercopa de Italia: 1998 e 2000.
  • Copa da UEFA: 1999.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]