Naturgy
| Naturgy | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||||||
|
Parte de
| |||||||||
|
Forma xurídica
| |||||||||
| Persoas e organizacións | |||||||||
|
Director/a executivo/a
| |||||||||
|
Presidente/a
| |||||||||
|
Cadro de persoal
| |||||||||
|
Ten en propiendade
Barcelona power station (en)
Campanillas power plant (en) Narcea Power Plant (en) Sagunto Power Station (en) Anllares Power Plant (en) Besós power station (en) Cartagena Power Plant (en) Catalana de Gas Building (en) | |||||||||
|
Entidades subsidiarias
| |||||||||
| Actividade | |||||||||
|
Industria
| |||||||||
| Economía | |||||||||
|
Bolsa de valores
| |||||||||
| Datas e cronoloxía | |||||||||
|
Fundación
| |||||||||
|
Precedido por
| |||||||||
|
Substitúe a
| |||||||||
| Localización | |||||||||
| |||||||||
| Fontes e ligazóns | |||||||||
|
Páxina WEB
| |||||||||
|
Teléfono
| |||||||||
| Wikidata C:Commons |
Naturgy (anteriormente, Gas Natural Fenosa), cuxo nome legal é Naturgy Energy Group, S. A. (NEGSA), é unha empresa española que opera nos sectores eléctrico e gasístico. A súa sede operativa está en Barcelona, mentres que o seu domicilio social sitúase en Madrid.[1] O seu actual presidente executivo é Francisco Reynés.
Naturgy é unha das tres grandes compañías do sector eléctrico en España, que xunto a Endesa e Iberdrola, dominan en torno ao 90 % do mercado eléctrico nacional.[2] Naturgy desenvolve actividades de aprovisionamento, xeración, distribución e comercialización de electricidade e gas natural.
En 2021 estivo entre as 10 empresas que emitiron máis toneladas equivalentes de CO2 en España con 4,9 Mt.[3]
Distribución de gas e electricidade
[editar | editar a fonte]Distribución de gas
[editar | editar a fonte]
Naturgy distribúe gas natural no mercado doméstico-comercial (fogares e comercios que utilizan o gas natural como combustible en caldeiras de auga, calefacción ou na cociña), e no mercado industrial de grandes clientes que utilizan o gas como combustible nos seus procesos industriais.
A compañía controla por completo o mercado de distribución español, onde vende o gas natural a 5 millóns de clientes de máis de mil municipios. O seu segundo mercado é Italia, con máis de 400 000 clientes. Ao outro lado do Atlántico, é o primeiro operador de distribución de gas natural de Iberoamérica, con presenza na Arxentina, o Brasil, Colombia e México, onde suman máis de 6 millóns de clientes.
Distribución de electricidade
[editar | editar a fonte]A compañía realiza a actividade de distribución eléctrica en España, Moldova e Latinoamérica. Un dos principais negocios de Naturgy, é a distribución de electricidade a pequenos usuarios, tanto a consumidores residenciais, como a pemes e grandes empresas. En España opera como Unión Fenosa Distribuidora.

e-distribución (Endesa) i-DE (Iberdrola) Unión Fenosa (Naturgy) Redes (EDP) Viesgo (TotalEnergies)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Comisión Nacional del Mercado de Valores (7 de outubro de 2017). "Comunicación de Hecho Relevante: Cambio del domicilio social de Gas Natural Fenosa".
- ↑ "Endesa, Iberdrola y Gas Natural ganan cuota en el mercado doméstico". 6 de maio de 2013.
- ↑ "Descarbonización 2022". Observatorio de Sostenibilidad. 1 de outubro de 2022. Arquivado dende o orixinal o 01 de outubro de 2023. Consultado o 6 de novembro de 2022.
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Naturgy |
