Maragatería
Coordenadas: 42°25′11″N 6°11′39″O / 42.41972, -6.19417
Maragatería | |
---|---|
![]() | |
Capital | Astorga |
País | España |
Comunidade autónoma | Castela e León |
Provincia | León |
Concellos | 30 |
A Maragatería é unha comarca española situada na zona central da provincia de León, na comunidade autónoma de Castela e León, que reúne varias subcomarcas denominadas a Alta e a Baixa Maragatería e, dentro destas, a vella zona tradicional da Somoza. A súa capital é Astorga.
Xeografía[editar | editar a fonte]
Limita ao norte coa comarca de La Cepeda, ao sur coa comarca de La Valduerna, ao oeste coa comarca do Bierzo e a da Cabreira, e ao leste con La Vega del Tuerto e La Valduerna.
Concellos[editar | editar a fonte]
Os municipios que conforman a Maragatería son os seguintes:
A súa capital económica é a cidade de Astorga. A capital da Alta Maragatería actualmente está en Santa Colomba de Somoza, mentres que a capital da Baixa Maragatería está en Santiago Millas. A capital relixiosa está en Luyego de Somoza, lugar onde se encontra a patroa dos maragatos, a Virxe dos Remedios, se ben o bispado se encontra na cidade de Astorga.