Federación Internacional de Motociclismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Federación Internacional de Motociclismo (FIM, en francés: Fédération Internationale de Motocyclisme) é o órgano gobernante das competicións de motociclismo. Representa a 98 federacións nacionais de motociclismo que están divididas en seis rexións continentais.

Dentro da FIM hai cinco disciplinas que supón 34 campionatos do mundo e outros títulos: velocidade, motocross, trial, enduro, e track racing que combina o grasstrack (carreiras sobre herba) e o speedway. A FIM tamén está involucrada noutras actividades non competitivas para a promoción deste deporte, a súa seguridade e outras actividades públicas relacionadas.

Historia[editar | editar a fonte]

A FIM creouse a partir da Fédération Internationale deas Clubs Motocyclistes (FICM, Federación Internacional de Clubs de Motocilcismo), que se fundou en París (Francia) o 21 de decembro de 1904. O Auto-Cycle Union (ACU) do Reino Unido foi un dos membros fundadores. En 1906, a FICM disolveuse, pero foi refundada en 1912, pero agora coa súa sede en Inglaterra. Os Seis Días Internacionais de Enduro celebráronse ao ano seguinte, e foi o primeiro evento internacional celebrado pola nova Federación.

O nome foi cambiado a Fédération Internationale Motocycliste (FIM) en 1949, o mesmo ano en que se celebrou a primeira edición do xa soado Campionato do Mundo de Motociclismo. A sede trasladouse a Xenebra (Suíza) en 1959.

En 1994 a sede trasladouse de novo, agora a Mies (Suíza), ocupando o seu propio edificio por primeira vez, cun deseño recordando a unha motocicleta. O nome foi cambiado outra vez en 1998, pasándose a denominar Fédération Internationale de Motocyclisme tal como decidiuse no congreso celebrado en Cidade do Cabo (Suráfrica). O mesmo ano, o Comité Olímpico Internacional recoñeceu provisionalmente á FIM, alcanzando o total recoñecemento nos Xogos Olímpicos de Sidney 2000.

En 2004 celebrouse o seu centenario durante o congreso de París no mes de outubro. Desde 2006 o venezolano Vito Ippolito é o primeiro latinoamericano que exerce a presidencia da FIM.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Falta algunha imaxe que ilustre o artigo
 Este artigo non contén imaxes. Pode axudar cargando imaxes, na Galipedia ou na Wikimedia Commons, relacionadas co contido do artigo, ou incluíndo unha xa existente.
 Debe ter en conta as políticas de uso de imaxes e o respecto polos dereitos de autoría.