Campionato do mundo de Superbikes
| |||
| Nome oficial | Superbike World Championship | ||
|---|---|---|---|
| Tipo | serie de carreiras de motocicletas | ||
| Deporte | Superbike (pt) | ||
| Organizador | Federación Internacional de Motociclismo Dorna Sports | ||
| Localización e Datas | |||
| Localización | mundial | ||
| Vixencia | 1988 – | ||
| Período de ocorrencia | 1 ano | ||
| Outro | |||
| Páxina web oficial | worldsbk.com | ||

O campionato do mundo de superbikes ou SBK é un campionato de motos que se iniciou en 1988. Téntase que compitan motos derivadas das de serie, de feito, para participar cunha moto, esta ten que terse fabricado e posto en venda un número determinado de unidades. Esta é a gran diferenza respecto ao campionato de prototipos que é o mundial de velocidade.
O tipo de motos que participan neste campionato son de catro tempos e distintas cilindradas, dependendo do número de cilindros. Así as tetracilíndricas non superan os 750cc, as tricilíndricas os 900cc e as bicilíndricas os 1000cc.
A partir de 2005 introduciuse un pneumático único da marca Pirelli, e permitiulle as tetracilíndricas competiren sen restritores, co que a categoría evidenciou unha grande igualdade técnica.
As motos que compiten no campionato son: Aprilia, BMW, Ducati, Honda, Kawasaki, MV Agusta, Yamaha