Saltar ao contido

Fallout (serie)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Fallout»)
Fallout
Desenvolvedor(es)Black Isle Studios
Micro Forte
Bethesda Game Studios
Obsidian Entertainment
Masthead Studios
Distribuidora(s)Interplay Entertainment
14 Degrees East
Bethesda Softworks
XéneroRol
Plataforma(s)Windows, macOS, MS-DOS, Playstation 2, Playstation 3, Xbox 360, Playstation 4 e Xbox One
Na rede
http://fallout.bethsoft.com/
Twitter: Fallout Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Fallout é unha serie de videoxogos de rol publicados orixinalmente por Interplay e, posteriormente, por Bethesda Softworks. Aínda que as tramas dos videoxogos se desenvolven nos séculos 22 e 23, prevalece unha grande influencia da cultura de posguerra desenvolvida nos anos 50 en Norteamérica, así como da combinación de esperanza de progreso tecnolóxico e o medo á aniquilación nuclear. Esta saga adóitase considerar como a secuela non oficial do videoxogo Wasteland, aínda que non tomou ese nome debido a que Electronic Arts posuía os dereitos sobre el e, aínda que con algunhas referencias comúns, os videoxogos situábanse en universos diferentes.

Os dous primeiros títulos da serie (Fallout e Fallout 2) foron desenvolvidos por Black Isle Studios. Fallout Tactics foi desenvolvido en 2001 por Micro Forté e 14 Degrees East. Tratase dun videoxogo de rol táctico. En 2004, Interplay pechou os Estudios Black Isle[1] e continuou producindo un videoxogo de acción con elementos RPG para PlayStation 2 e Xbox, Fallout: Brotherhood of Steel sen "Black Isle Studios". A terceira entrega da saga foi o exitoso Fallout 3, publicado en 2008 por Bethesda Softworks. Fallout: New Vegas foi desenvolvido por Obsidian Entertainment con moitos antigos empregados de Black Isle que traballaron no desenvolvemento de Fallout e Fallout 2.

Bethesda Softworks posúe os dereitos para facer calquera videoxogo novo da serie[2][3] e cedeu dereitos a Interplay para que desenvolva unha versión de Fallout en forma de videoxogo de rol.

Os protagonistas da historia van variando nos distintos títulos. En cada entrega o xogador toma o papel dun personaxe (personalizable) distinto ao dos videoxogos anteriores, cunha historia de fondo totalmente novo.

Videoxogos

[editar | editar a fonte]

A saga está composta das seguintes entregas:

  1. Q&A: Feargus Urquhart Entrevista de Gamespot có fundador de Black Isle
  2. "Contrato entre Bethesda e Interplay Entertainment Corp". 9 de abril de 2007. Consultado o 9 de xuño de 2010. 
  3. "A licenza de Fallout cambia de mans". 9 de abril de 2007. Arquivado dende o orixinal o 09 de agosto de 2013. Consultado o 10 de abril de 2016.