Fallout 2

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Fallout 2
Desenvolvedor(es) Black Isle Studios
Distribuidora(s) Interplay Entertainment
Director(es) Tim Cain[1]
Chris Avellone[2]
Produtor(es) Brian Fargo
Eric DeMilt
Fred Hatch
Deseñador(es) Chris Avellone[2]
Matthew J. Norton
Escritor(es) Tim Cain[1]
R. Scott Campbell
Jason Taylor
Artista(s) Gary Platner
Jason D. Anderson
Leonard Boyarsky
Compositor(es) Mark Morgan
Lanzamento 30 de setembro do 1998
Xénero Videoxogo de rol e mundo aberto
Modos de xogo Un xogador
Clasificación ESRB = M, PEGI = 16, USK = 16
Formato(s) CD-ROM
Páxina oficial Web oficial
Serie Fallout
editar datos en Wikidata ]

Fallout 2 é un videoxogo de rol, orixinalmente para PC, pertencente á saga de Fallout e desenvolvido por Black Isle Studios, foi publicado por Interplay o 30 de setembro de 1998. Trátase dun título de rol postapocalíptico como todo os da saga Fallout. O xogo toma lugar no ano 2241, 80 anos logo dos sucesos de Fallout. Conta a historia do descendente do heroe da primeira entrega, o cal emprende unha busca para salvar a súa tribo da fame e os efectos dos Baldíos, para isto debe conseguir o G.E.C.K (Garden of Eden Creation Kit).

Xogabilidade[editar | editar a fonte]

O xogo consiste básicamente en viaxar e interactuar cós habitantes dos Baldíos (tamén chamados Ermo, Yermo ou Wastelands). Na busca de completar o noso principal obxectivo van aparecendo misións secundarias así como partes da historia tanto do noso personaxe como do seu ascendente. As decisións do xogador modifican a historia do xogo e darán lugar a distintos finais para cada unha das cidades ou faccións. O xogo tamén po en funcionamento un sistema de Karma, o cal serve para determinar a bondade-maldade do personaxe. Tamén, ao obrar dunha ou outra forma obtense reputación ou fama coas distintas localidades e faccións. O sistema de creación de personaxes está baseado no sistema de puntos SPECIAL (Strength, Perception, Endurance, Charisma, Intelligence, Agility e Luck).

Trama[editar | editar a fonte]

No ano 2241 Arroyo sofre os efectos da radiación. A líder da aldea decide acudir a ti, como elixido da tribo e descendente do primeiro colono de vault 13 (protagonista da primeira entrega do xogo) e eres coñecido como o Elixido (Chosen One). Este encargalle recuperar o Garden of Eden Creation Kit (G.E.C.K) para así poder salvar a aldea. Este dispositivo foi deseñado antes da guerra e é capaz de crear extensas zonas verdes e restaurar parte da destrucción reinante nos Baldíos causados pola radiación. O protagonista é deixado á súa sorte con tan só un traxe do Vault pertencente ao seu ascendente, un PipBoy 2000 e unha cantimplora do Vault 13, unha lanza e un pouco de diñeiro. O xogador eventualmente encontra o Vault 13 e o G.E.C.K. Ao regresar á súa aldea encontrase có lugar devastado e todos os seus habitantes secuestrados polos remanentes do goberno dos Estados Unidos, agora coñecido como o Enclave. A misión principal agora é rescatar aos membros da tribo. Para isto o protagonista debe viaxar á principal base do Enclave, nunha plataforma petrolera, enfrontar ao actual presidente dos Estados Unidos e rescatar aos habitantes do teu pobo: Arroyo.

Recepción[editar | editar a fonte]

Fallout 2 recibiu críticas maioritariamente positivas. Metacritic otorgoulle unha puntuación de 86 sobre 100 baseado nunha enquisa.[3] As críticas positivas eloxian maiormente a xogabilidade, a trama e a súa fidelidade como verdadeiro sucesor do primeiro Fallout. Os detractores atacaron principalmente o exceso de Bugs e a falta de desenvolvemento en comparación coa primeira entrega.

Versións internacionais e censura[editar | editar a fonte]

Algunhas das versións Non-Norteamericanas, principalmente as versións Europeas foron severamente censuradas. Se ben o título sempre foi polémico polo seu contido de prostitución e alto grado de violencia, esta segunda entrega incluía a aparición de nenos pequenos aos cales o xogador, de así desexalo, podía dispararlles ou matar como quixese. Nas versións Europeas do xogo estes nenos foron eliminados (entre outras cosas) aínda que isto comprometeu a integridade do xogo, chegando a eliminar a posibilidade de realizar varias misións, sobre todo na localidade de Modoc. Os parches realizados maiormente por desenvolvedores independentes permiten hoxe en día actualizar o Fallout 2 Europeo e poder gozar de todo contido censurado como o Americano.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "The Top 100 Game Creators of All Time - 85. Tim Cain". IGN. 2008. Consultado o 10 de novembro do 2015. 
  2. 2,0 2,1 "The Top 100 Game Creators of All Time - 80. Chris Avellone". IGN. 2008. Consultado o 10 de novembro do 2015. 
  3. http://www.metacritic.com/game/pc/fallout-2

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]