Fabiola Mora y Aragón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fabiola Mora y Aragón
Nome completoDoña Fabiola Fernanda María-de-las-Victorias Antonia Adelaida de Mora y Aragón
Nacemento11 de xuño de 1928
Lugar de nacementoMadrid
Falecemento5 de decembro de 2014
Lugar de falecementoLaeken
SoterradaCripta Real (Bélgica)
NacionalidadeEspaña e Bélxica
Relixióncatolicismo
Alma máterInstituto San Isidro
Ocupaciónenfermeira, escritora de literatura infantil, escritora e consorte
PaiDon Gonzalo de Mora y Fernández, Marques de Casa Riera
NaiBlanca de Aragón y Carrillo de Albornoz
CónxuxeBalduíno I de Bélxica
PremiosHijo Predilecto de Madrid, Pro Ecclesia et Pontifice, Grã-Cruz da Ordem Militar de Cristo, anniversary medal at the occasion of the 2500th anniversary of the founding of the Iranian Empire e Gran Cruz da Orde de Isabel a Católica
Na rede
https://www.monarchie.be/en/queen-fabiola-0
IMDB: nm2607895 WikiTree: De_Mora_y_Aragón-1 Find a Grave: 139638050 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Fabiola Fernanda María de las Victorias Antonia Adelaida de Mora y Aragón, chamada Fabiola de Mora y Aragón, coñecida como Fabiola de Bélxica e co título oficial de raíña Fabiola de Bélxica, nada en Madrid o 11 de xuño de 1928 e finada en Bruxelas o 5 de decembro de 2014, foi unha nobre española, raíña consorte de Bélxica na segunda metade do século XX.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era a terceira filla de Gonzalo de Mora y Fernández Riera del Olmo, conde de Mora e marqués de Casa Riera, e de Blanca de Aragón y Carrillo de Albornoz Barroeta-Aldamar y Elío. Un dos seus sete irmáns foi o actor Jaime de Mora y Aragón. Prepárase como enfermeira e traballa nun hospital de Madrid.

Reinado[editar | editar a fonte]

O 15 de decembro de 1960, casou en Bruxelas co rei Balduíno de Bélxica, fillo do rei Leopoldo III e da raíña Astrid. A partir dese momento recibirá o título de "raíña dos belgas", coa que se lle coñecerá. A súa actividade como raíña consorte nunha democracia parlamentaria non tivo intervención política, e dedicouse a tarefas de promoción social e educación.

Ademais de visitar outros países en viaxes oficiais e de ser a anfitrioa doutros mandatarios estranxeiros en Bélxica, foi a presidenta de honra de UNICEF en Bélxica, e creou diversas institucións, como a Fundación Raíña Fabiola de Saúde Mental. Asumiu cargos de representación institucional vencellados á cultura, á infancia e á saúde, como a presidencia de honra do premio Raíña Isabel de Bélxica de música a partir de 1965. Foi nomeada membro de honra da Real Academia de Medicina de Bélxica.

Tralo reinado[editar | editar a fonte]

Non tivo fillos, e á morte do seu home o 31 de xullo de 1993 a coroa pasou ao irmán de Balduíno, o rei Alberte II de Bélxica. O seu título pasou de ser Fabiola, raíña dos belgas ao de raíña Fabiola de Bélxica, mentres que a raíña dos belgas pasou a ser a súa cuñada Paola de Bélxica.

Durante cinco anos seguiu vivindo no castelo de Laeken, ata que en 1998 se muda ao castelo de Stuyvenberg, e dedicou o seu tempo a labores sociais, mentres que restrinxiu as súas aparicións en público. Representa en 1995 a Bélxica no cumio mundial das Nacións Unidas sobre a muller, celebrado en Beixín, aceptou ser madriña dunha fragata F930 da Armada belga (2007) e presidiu en funcións honorarias a Fundación Rei Balduíno.

A comezos de 2009 foi operada de tiroide en Liexa. Unha semana despois foi hospitalizada, aqueixada de pneumonía.

Vida persoal e crenzas[editar | editar a fonte]

Fabiola de Bélxica, ao igual que o foi o seu home, foi católica e pertenceu ao movemento neopentescostal, unha corrente que destaca o papel do Espírito Santo na fe e na práctica relixiosa. Por esa razón vestiu completamente de branco no enterro do seu home, en vez do tradicional loito negro.

Hai un colexio en Santiago de Compostela que leva o nome de Raíña Fabiola na súa honra.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]