Forzas Armadas Revolucionarias de Colombia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "FARC")
Bandeira das FARC.

As Forzas Armadas Revolucionarias de Colombia - Exército do Pobo (FARC-EP) son un grupo guerrilleiro marxista-leninista de Colombia.[1][2][3][4][5] Son consideradas un grupo terrorista tanto en Colombia como a nivel internacional. As FARC operan en Colombia e na zona fronteiriza con Venezuela. Participan no conflito armado colombiano dende a súa conformación oficial en 1964 e eran dirixidas por un secretariado de sete membros[6] que estivo baixo o comando de Pedro Antonio Marín, coñecido polos alias de Manuel Marulanda Vélez ou Tirofijo até o seu falecemento en marzo de 2008 por causas naturais. Dende entón, o seu líder en xefe foi Guillermo León Sáenz alias Alfonso Cano até que foi dado de baixa polo Exército de Colombia o día 4 de novembro de 2011.[7] O 15 de novembro, a organización confirmou por medio dun comunicado que o seu novo Comandante en xefe era Rodrigo Londoño Echeverri, alias «Timochenko» ou «Timoleón Jiménez».[8][9][10]

As orixes das FARC son anteriores a 1964, ano no que o daquela presidente Guillermo León Valencia decidiu bombardear Marquetalia, un lugar onde estaba asentado un grupo de homes, mulleres e nenos labregos liberais e comunistas. Estes lugares foron denunciados como repúblicas independentes.[11]

As súas accións consistían no narcotráfico, guerra de guerrillas, minaría ilegal, así como técnicas terroristas como a implantación de minas antipersoa, o asasinato de civís, membros do goberno, policías e militares,[12] o secuestro con fins políticos ou extorsivos,[13] atentados con bombas e armas non convencionais (cilindros de gas, animais bomba),[14] actos que provocaron desprazamentos forzados de civís,[15] recrutamento de menores, destrución de pontes e estradas por medio de bombas con dinamita, ademais de destrución de estacións de policía e as casas dos civís que se atoparan preto. Segundo as Nacións Unidas, as FARC e o ELN son responsables do 12 % dos asasinatos de civís do Conflito armado en Colombia.[16]

Contra o ano 2010, estimábase que as FARC tiñan presenza e exercían a súa influencia nalgunhas zonas de 24 dos 32 departamentos de Colombia[17] sobre todo no sur e leste do país, concretamente en Putumayo, Tolima, Nariño, Cauca e Valle del Cauca.[18] O goberno de Colombia reportou a existencia de operacións militares e campamentos nos países que teñen fronteira con Colombia, como Venezuela,[19][20] Ecuador,[21] Panamá[22] e o Brasil.[22]

O seu número de efectivos varía segundo as fontes. No 2001, estimábanse até en 16 000,[23] pero despois das derrotas sofridas posteriormente, o grupo viuse minguado. Porén, malia o debilitamento por mor da morte dos seus principais líderes, as Forzas Militares de Colombia a través do sector Defensa, e a Consultora en Seguridade e Defensa Decisive Point aseguran que dende 2010 as FARC perdera preto de 2 300 homes. Grazas á presión das forzas estatais colombianas, o grupo armado pasou de ter 10 100 hombres a 7 800.[24] Segundo un informe de Human Rights Watch, entre o 20 e o 30% son menores de 18 anos, moitos dos cales recrutados pola forza.[25]

O 23 de xuño de 2016, despois de case catro anos de diálogos entre o goberno colombiano e as FARC-EP desenvolvidos na Habana (Cuba), declarouse o remate das accións militares de ámbolos dous bandos ademais da desmobilización, entrega de armas e reinserción na vida civil dos militantes do grupo subversivo, sendo a fin das FARC como organización insurxente e alzada en armas.[26][27]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Las vidas de tirofijo" (PDF). farc-ep.co. 11 de setembro de 2011. Consultado o 3 de decembro de 2011. 
  2. "Cese el Fuego" (PDF). farc-ep.co. 11 de setembro de 2011. Consultado o 3 de decembro de 2011. 
  3. "Ciro. Páginas de su vida" (PDF). farc-ep.co. 11 de setembro de 2011. Consultado o 3 de decembro de 2011. 
  4. ""Tenemos el marxismo como guía y no como dogma": Farc". anncol.com. Consultado o 1 de decembro de 2011. 
  5. "FARC - Intereses políticos". umng.edu.co. 15 de decembro de 2001. Consultado o 1 de decembro de 2011. 
  6. [1]
  7. "Confirman que 'Tirofijo' está muerto". El Espectador. 24 de maio de 2008. Consultado o 24 de maio de 2008. 
  8. "'Timochenko' es el nuevo jefe máximo de las FARC". semana.com. Consultado o 15 de novembro de 2011. 
  9. "Timochenko, nuevo jefe máximo de las FARC". bbc.co.uk. Consultado o 15 de novembro de 2011. 
  10. "Las FARC nombran un nuevo líder y niegan sufrir un "derrumbe" en sus filas". cnn.com. Consultado o 15 de novembro de 2011. 
  11. "El origen de las FARC, la guerrilla más antigua de América Latina". El Comercio. Consultado o 23 de outubro de 2015. 
  12. Polo Democrático Independiente (Risaralda) - Farc asesina civiles en el Huila
  13. Los secuestrados y sus familias
  14. "Colombia — FARC responsable por atrocidades: Las FARC deben abandonar el uso de los cilindros de gas." (en castelán). Consultado o 27 de novembro de 2007. 
  15. "Más allá de la negociación: El derecho internacional humanitario y su aplicación a la conducta de las FARC" (en castelán). Consultado o 21 de xaneiro de 2008. 
  16. http://www.ipsnews.net/2008/08/colombia-international-criminal-court-scrutinises-paramilitary-crimes/
  17. El País: Grupos ilegales tienen en riesgo las elecciones
  18. Acciones armadas
  19. Clarin - Colombia reitera que aportará pruebas sobre la presencia de líderes de las FARC en Venezuela
  20. Noticias Terra - Uribe entregó a Chávez datos sobre campamento FARC en Venezuela según radio
  21. BBC Mundo - Campamento de las FARC en Ecuador
  22. 22,0 22,1 - La guerrilla colombiana se extiende a 5 países
  23. «Profiles: Colombia's armed groups», en BBC News, 19 de novembro de 2007 (en inglés).
  24. "Artigo en El Tiempo". 
  25. Informe de Human Rights Watch: «Colombia: Armed Groups Send Children to War», 22 de febreiro de 2005. Acceso á versión en liña do 1 de setembro de 2006 (en inglés).
  26. El Tiempo (23 de xuño de 2016). "Con apretón de manos, Santos y 'Timochenko' acuerdan fin de la guerra". 
  27. El Espectador (23 de xuño de 2016). "'Esto significa el fin de las Farc como grupo armado': Santos". 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]