Conflito armado en Colombia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Conflito armado colombiano")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Guerrilas das FARC

O conflito armado colombiano comezou aproximadamente en 1964 ou 1966 e é unha guerra interna de baixa intensidade entre o goberno de Colombia, grupos paramilitares, sindicatos do crime, a guerrilla de esquerdas de Forzas Armadas Revolucionarias de Colombia (FARC), e o Exército de Liberación Nacional (ELN), cada un loitando por facer medrar a súa influencia no territorio colombiano.[1][2][3][4][5][6][7]

Ten as súas raíces históricas no conflito coñecido como La Violencia, que foi desencadeado co asasinato do líder político populista Jorge Eliécer Gaitán en 1948,[8] e pola represión anticomunista dos Estados Unidos de América na Colombia rural da década de 1960. Isto provocou ós militantes liberais e comunistas a reorganizarse nas FARC.[9]

As razóns da loita varían dun grupo a outro. As FARC e outros movementos de guerrilla din loitar polos dereitos dos pobres de Colombia, para protexelos da violencia do goberno e para proporcionar xustiza social a través do comunismo.[10] O goberno colombiano di loitar para manter a orde e a estabilidade, e para protexer os dereitos e os intereses dos seus cidadáns. Os grupos paramilitares din reaccionar polas ameazas percibidas dos movementos da guerrilla.[11] Tanto a guerrilla coma os grupos paramilitares foron acusados de narcotráfico e terrorismo. Tódalas partes implicadas no conflito foron acusadas de numerosas violacións dos dereitos humanos.

Segundo un estudo do Centro Nacional de Memoria Histórica, 220 000 persoas morreron durante o conflito entre 1958 e 2013, a maioría deles civís (177 307 civís e 40 787 combatentes) e máis de cinco millóns de persoas foron forzadas a abandonar os seus fogares entre 1985 e 2012, xerando a segunda maior poboación de desprazados internos do mundo.[12][13][14] O 15% da poboación en Colombia foi unha vítima directa da guerra.[15]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Crisisgroup.org (ed.). "War and Drugs in Colombia - International Crisis Group". Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2014. Consultado o 14 de outubro de 2014. 
  2. Foreign Policy, ed. (10 de xullo de 2013). "'Loco,' Colombia's Last Drug Lord, Extradited to New York". Consultado o 14 de outubro de 2014. 
  3. Insightcrime.org (ed.). "Neo-Paramilitary Groups Consolidating in Colombia: Report". Consultado o 14 de outubro de 2014. 
  4. Colombia News - Colombia Reports (ed.). "Neo-paramilitaries do not deserve political status: Govt". Consultado o 14 de outubro de 2014. 
  5. Colombia News - Colombia Reports (ed.). "armed conflict Archives - Colombia News - Colombia Reports". Consultado o 14 de outubro de 2014. 
  6. Colombia News - Colombia Reports (ed.). "peace talks Archives - Colombia News - Colombia Reports". Consultado o 14 de outubro de 2014. 
  7. Shoah.org (ed.). "The Colombian "War on Drugs", A Family Affair - SHOAH". Consultado o 14 de outubro de 2014. 
  8. Garry Leech (2009). Beacon Press, ed. Beyond Bogota: Diary of a Drug War Journalist. Boston, MA. pp. 242–247. ISBN 978-0-8070-6148-0. 
  9. Mario A. Murillo; Jesús Rey Avirama (2004). Seven Stories Press, ed. Colombia and the United States: war, unrest, and destabilization. p. 57. ISBN 978-1-58322-606-3. 
  10. Rebelion.org, ed. (26 de maio de 2008). "Farc-EP confirma muerte de Marulanda a través de un comunicado". Consultado o 26 de xullo de 2010. 
  11. "War on Drugs and Human Rights in Colombia". Arquivado dende o orixinal o 26 de decembro de 2009. Consultado o 9 de novembro de 2010. 
  12. "Informe ¡Basta Ya! Colombia: memorias de guerra y dignidad: Estadísticas del conflicto armado en Colombia". 
  13. Historical Memory Group (2013). The National Center for Historical Memory’s (NCHM), ed. ""Enough Already!" Colombia: Memories of War and Dignity." (PDF) (en español). ISBN 978-958-57608-4-4. 
  14. "Report says 220,000 died in Colombia conflict". Al Jazeera. 25 de xullo de 2013. 
  15. arcoiris.com.co, ed. (14 de maio de 2016). "Las víctimas su incidencia en la Mesa de Negociaciones de La Habana" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 07 de setembro de 2015. Consultado o 21 de xuño de 2016.