Éver Banega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Ever Banega»)
Éver Banega
Banega xogando coa Arxentina
Información persoal
Nome Éver Maximiliano David Banega
Nacemento 29 de xuño de 1988 (35 anos)
Lugar de nacemento Rosario
Altura 1,74 m.
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual Sevilla
Número 19
Carreira xuvenil
Nuevo Horizonte
Alianza Sport
2000–2007 Boca Juniors
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2007 Boca Juniors 28 (0)
2008–2014 Valencia 136 (9)
2008–2009Atlético (cedido) 24 (1)
2014Newell's Old Boys (cedido) 14 (1)
2014– Sevilla 14 (1)
Selección nacional
2007 Arxentina sub-20 14 (0)
2008 Arxentina sub-23 6 (0)
2008– Arxentina 26 (3)
Na rede
IMDB: nm8947985 Twitter: Ever10Banega FIFA: 266790 UEFA: 250003399 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 21 de decembro de 2014.
Selección: actualizado a 12 de novembro de 2014.editar datos en Wikidata ]

Éver Maximiliano David Banega, nado o 29 de xuño de 1988 en Rosario, é un futbolista arxentino. Xoga de centrocampista e o seu actual club é o Sevilla FC.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Boca Juniors[editar | editar a fonte]

Banega deu os seus primeiros pasos coma xogador no Boca Juniors, chegando ao primeiro equipo aos 18 anos, e gañando recoñecemento inmediatamente debido ás súas actuacións e en especial ás súas asistencias na Primeira División. Tras a fichaxe do seu compañeiro Fernando Gago polos Real Madrid en xaneiro de 2007, foi nomeado coma o seu sucesor, malia a súa curta idade.[1] Banega fixo o seu debut coma profesional na vitoria por 4-0 contra o Club Atlético Banfield o 10 de febreiro de 2007.

Valencia[editar | editar a fonte]

O 5 de xaneiro de 2008, Banega fichou polo Valencia CF por cinco anos e medio, a cambio de 18 millóns de euros.[2] Fixo o seu debut no Valencia en xaneiro de 2008, saíndo ao campo tras o descanso na derrota por 0-1 contra o Atlético de Madrid.

Banega foi cedido ao Atlético de Madrid para a tempada 2008-09.[3] Fixo o seu debut oficial na vitoria por 3-0 contra o PSV Eindhoven na primeira fase da UEFA Champions League desa mesma tempada.[4] Porén, non se asentou no once titular do equipo, e mesmo quedou fóra da convocatoria en varias ocasións.

Na seguinte tempada volveu ao Valencia, e fíxose cun posto no once titular, e cun papel moi importante dentro do equipo, ata que o 19 de febreiro de 2012, foi operado da súa perna esquerda tras ser atropelado polo seu propio coche.[5]

Estatísticas[editar | editar a fonte]

Club Tempada Liga Copa Europa Total
PX Goles PX Goles PX Goles PX Goles
Valencia 2007–08 12 0 2 0 0 0 14 0
Total 12 0 2 0 0 0 14 0
Atlético Madrid 2008–09 12 1 0 0 5 0 17 1
Total 24 1 4 0 3 0 31 1
Valencia 2009–10 36 2 2 0 7 0 45 2
2010–11 27 2 2 1 4 0 33 3
2011–12 13 0 8 1 4 0 25 1
Total 88 4 12 2 20 0 122 6
Carreira 112 5 17 2 23 0 148 7

Palmarés[editar | editar a fonte]

Club[editar | editar a fonte]

Boca Juniors
Valencia

Selección[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Gago me dijo que nunca me olvide de jugar" ("Gago told me to never forget to play") Arquivado 28/12/2007, en Wayback Machine.; Olé (en castelán)
  2. "Valencia agree to sign Argentine midfielder Banega". Reuters. 5 January 2008. Arquivado dende o orixinal o 06 de novembro de 2020. Consultado o 8 de xaneiro de 2008. 
  3. Banega swaps Valencia for Atlético; UEFA.com, 28 de agosto de 2008
  4. Aguero brace sinks Eindhoven Arquivado 24 de outubro de 2012 en Wayback Machine.; ESPN Soccernet, 16 de setembro de 2008
  5. Valencia and Argentina star Ever Banega run over by own car after failing to set handbrake; Fox Sports, 20 de febreiro de 2012

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]